Listado de restaurantes en Arteixo de Arteixo Centro Comercial Aberto

/, CCA Arteixo, Restaurantes en Arteixo/Listado de restaurantes en Arteixo de Arteixo Centro Comercial Aberto

Listado de restaurantes en Arteixo de Arteixo Centro Comercial Aberto

Asistíchedes ao concurso de tapas que organizamos en Arteixo? Seguro que sí. O concurso de tapas foi unha oportunidade perfecta para coñecer o listado de restaurantes en Arteixo de primeira man. Arteixo ten unha ampla oferta gastronómica, que permite a quen nos visita unha grande variedade de locais de hostelería onde comer. Un exemplo desta variedade, sabores e oferta de ocio témola nunha incorporación á nosa páxina de Arteixo Centro Comercial Aberto: O restaurante en Arteixo La Ventana.

Restaurante en Arteixo La Ventana

A tapa gañadora do VII Concurso De Tapas por Arteixo, foi a proposta por La Ventana e que consiste nunha exquisita Tosta de Aguacate con bolognesa e crema de queixo. O prato fixo as delicias dos asistentes, que valida o bo facer do restaurante. As máis de 12.000 tapas vendidas no concurso corroboran que Arteixo é un lugar estupendo onde comer. Podedes disfrutar dos seus sabores en Avda. dos Bosques, 6 (Arteixo 15142).

Restaurante en Arteixo Pintxoteka

A Pintxoteka atópase en Rúa Ría de Vigo, 2 baixo (Arteixo 15142) sendo unha nova proposta que se une ao noso listado de restaurantes en Arteixo que podedes consultar na páxina de Arteixo Centro Comercial Aberto e que tiñamos ganas de presentarvos. Podedes disfrutar da súa oferta de pinchos todolos días agás o martes, de 9:30 ata a hora do peche.

listado de restaurantes en arteixo

Restaurante en Arteixo Bajo Trece

Se vos apetece comer unhas das mellores croquetas de todo Arteixo e da provincia, entón tedes que vir a Rúa Ría de Noia, nº 13, baixo (Arteixo 15142). O restaurante en Arteixo Bajo Trece é ideal para tomar a primeira copa e para tomar unhas tapas antes de sair de marcha. O seu forte é a comida caseira que enchen de saboroso recendo toda a Praza das Viñas.

E despois de ir de restaurantes por Arteixo, imos a por unha copa a Áncora Café

Ancora Café está en Xeral Mosquera Palleiro, 17 (Arteixo 15142). En Áncora Café teñen unha estupenda selección de combinados premiums, ideais para tomar despóis dunha boa cea ou unha comida, e se non sodes de tomar copas, sempre poderedes pedirvos un saboroso café.

Estas son unhas poucas das nosas propostas dentro do noso listado de restaurantes en Arteixo, se queredes ter máis alternativas, visitade a sección de hostalaría da nosa páxina web de Arteixo Centro Comercial e estade atentos a cando engadamos máis socios ao noso listado. Afortunadamente cada día somos máis, ampliando a nosa oferta e facendo de Arteixo un lugar máis atractivo para disfrutar do tempo de lecer.

Por |2015-08-24T16:55:52+00:0021-08-2015|Bares Arteixo, CCA Arteixo, Restaurantes en Arteixo|1 Comment
X