Arteixo Centro Comercial Aberto (Arteixo CCA) propón unha nova e divertida actividade para os clientes, veciños e visitantes dos comercios e hostalaría de Arteixo.

Xa en pleno verán, propóñennos disfrutar de 2 tobogáns de auga, 1 deslizante, 1 inchable de saltar e 2 festas da Escuma os sábados 9 e 16 de xullo, de 12 a 14 h, e 17 a 20 horas, en diferentes rúas comerciais do pobo.

Dende o 15 de xuño e ata o 16 de xullo, o público pode conseguir en todos os establecementos do CCA os folletos-pasaporte que serven como pase para participar nas actividades. Regalaranse talonarios co descontos aos que participen nas 4 actividades e ademáis entrarán en sorteos de vales de compra. Así que é mellor que ninguén esqueza esquecer o bañador, as chanclas e a toalla os próximos sábados no pobo.

Para nós (din dende a asociación de comerciantes e hostaleiros) é moi importante contribuir á creación de actividades que den máis motivos á xente para pasar máis tempo en Arteixo e facer as suas compras aquí. Que a xente poida combinar compras e ocio sen necesidade de ir a grandes superficies.

Pero tamén é importante lembrarlle a todo o mundo, tanto comerciantes como consumidores, que todos temos que “mollarnos”, porque todos temos responsabilidade no desenvolvemento local  da economía e a seguridade nos pobos e barrios. Cando os comercios se asocian, están implicándose moito co pobo e contribuindo a que se poidan facer máis e máis cousas aquí, e cando os consumidores mercan no pequeno comercio, tamén están axudando a que melloren e aumenten a economía, o emprego e a seguridade das nosas vilas.

Por iso esta campaña chámase “MÓLLATE CO COMERCIO LOCAL, Arteixo CCA móllase contigo”. Relacionamos claramente 2 sentidos da palabra “Móllate”, que son: ven a xogar coa auga, a divertirte e refrescarte con nós, pero tamén: implícate, participa, contribúe… nós xa o facemos!!

         

MÓLLATE CO COMERCIO LOCAL!!

Folleto de la campaña. (ver pdf)