Sabemos que estades abertos á colaboración. Sabemos que sodes conscientes da importancia do traballo en equipo para o logro de obxectivos. E como sabemos esto, nesta ocasión queremos solicitar a vosa colaboración nunha boa causa: intentamos recaudar fondos para “Proactiva Open Arms”, unha ONG que está salvando vidas cos seus rescates no mar de Lesbos dos refuxiados que se tiran ao mar perseguindo algo mellor do que teñen, aínda cando non saben nadar.

Os voluntarios desa ONG son un grupo de socorristas que decidiron aproveitar a súa experiencia para salvar vidas lonxe dos seus fogares. Coñecedores de que eles son os medios humanos pero que os medios económicos cos que contan son escasos, un grupo de traballadores do Concello de Arteixo mobilizámonos para recaudar fondos, cantos mais mellor. Desa forma poderemos apoialos: un mínimo esforzo para cada un de nós pode supoñer unha grande axuda para outras persoas, a maioría deles nenos/as que buscan chegar a Europa na procura dun futuro sen guerra, dun futuro de esperanza.

CARREIRA SOLIDARIA “MÓLLATE POLOS REFUXIADOS SIRIOS”

DÍA 17 DE XANEIRO NO PAZO DOS DEPORTES DE ARTEIXO 11:00 H

Podes participar co DORSAL 0 ou como participante activo

PARA INSCRIBIRTE: www.championchipnorte.com.

ou directamente nos seguintes puntos de inscrición:

PAZO DOS DEPORTES e Centro social de BAIUCA:

martes 12, mércores 13 ou xoves 14 de 16:30 a 18:30.

Tamén na piscina municipal en horario de apertura

¡TODO O RECAUDADO SERÁ ENTREGADO A ONG PROACTIVA OPEN ARMS!

COLABORA CONNOSCO, COLABORA CON ELES !!!!

MIRA O VÍDEO de traballadores do Concello de Arteixo