Estes días estivemos a falar das múltiples opcións de restaurantes en Arteixo, cafeterías, vinotecas e moito máis. Quizais pensabades que con esa lista ya vos falaramos de toda a oferta de ocio gastronómico que temos en Arteixo, pero non, aínda quedan moitos.

Se buscades unha proposta para comer diferente, entón o noso artigo de hoxe interésavos. ¿Queredes saber onde comer en Arteixo pizzas artesáns, crepès ou disfrutar da carta dun gastrobar? Aquí vai a nosa selección de restaurantes en Arteixo de hoxe:

restaurantes en arteixo mamá chicó

El Naranjo de Mamá Chicó

Mamá Chico ten xa dous restaurantes en A Coruña que comparten proposta gastronómica co seu restaurante en Arteixo. El Naranjo de Mamá Chicó é un delicioso gastrobar onde degustar con amigos nun espazo deseñado con gusto e modernidade, para o relax e a conversa, e por suposto para degustar pizzas artesanas, unha selección de pratos que combinan recetas do mundo, en especial de Arxentina, España e Italia, entre moitas outras propostas, para cear e xantar.

O restaurante en Arteixo El Naranjo de Mamá Chicó atópase en Paseo do Balneario, nº 10 (Arteixo-15142), para localizalos chamadeos ó 981 640 536 ou visitando a súa páxina web.

restaurantes en arteixo fabula

Café de Fábula

Coma o seu propio nome indica, o Café de Fábula é un lugar fabuloso para comer. Se escolledes o Café da Fábula coma o voso restaurante en Arteixo onde comer, atoparedes unha carta baseada en pizzas artesáns e bocatas, unha decoración sorprendente e un rincón infantil. Para contactar con eles tedes que chamar ó número 881 962 113, o restaurante atópase na Rúa Eugenio Carré. nº 17, baixo A (Arteixo 15142), a carón da praza do Balneario, e lembrade que descansan o luns.
restaurantes en arteixo

Café Concierto Bata de Guata

De luns a domingo e aberto dende as 9:30 da mañá ata a peche, o Café Concierto Bata de Guata abre as portas dun local de decoración ecléctica, cun deseño e interior na liña das últimas tendencias vintage e sendo moi acolledor. Este restaurante en Arteixo ten comida para levar, menú do día, merendas e tamén música e actuacións en vivo, sendo un dos locais más divertidos de Arteixo. Para coñecelos en profundidade visitádeos no seu tumblr e animádevos a probar o seu menú. O Café Concierto Bata de Guata atópase en Rua General Mosquera Palleiro, nº 2, baixo (Arteixo-15142) e podedes chamalos ao número 881 966 485

Seguiremos falándovos do resto da proposta de ocio en futuros artigos, así coma dos restaurantes, cafeterías, vinotecas e bares onde comer en Arteixo e pasalo ben, todos membros de Arteixo Centro Comercial Aberto, un espazo sen fronteiras, aberto aos gustos de todos e sempre medrando para facer de Arteixo un lugar rico onde comerciantes e veciños disfrutan das sinerxias que se forman entre eles.