En xaneiro subirá o prezo da gasolina, chegando a máximos históricos. Isto é culpa dun novo gravamen que entrará en vigor en 2019 e que afectará moito a Cantabria, Madrid, Euskadi e Aragón entre outras comunidades autónomas de España. Por fortuna, parece que aínda que esperásemos unha súbida de arredor de cinco céntimos por cada litro mercado en toda España, non nos afectará moito en Galicia . Polo de agora.

A desgraza é que esta non é unha subida no gasto puntual, xa que levamos dende 2016 cun aumento na cantidade a pagar que medra e medra. A situación convértese nunha aínda máis difícil para os conductores autónomos, xa que tamén subirá a taxa a pagar no 2019. Con este panorama, é importante saber onde  mercar gasolina barata se vives en Arteixo no 2019. Se saes de Galicia, tes que saber onde repostar.

Un dos nosos socios máis antigos é a estación de servizo La Hermida. É unha eminencia en Arteixo e parada obrigatoria para todos os que pasamos a semana entrando e saíndo da cidade. Se nalgún sitio de Galicia podes atopar a gasolina o máis barata posible, é aquí.

gasolinera en arteixo

Onde mercar gasolina barata en Arteixo en 2019

Na estación de servizo La Hermida están do lado do viaxeiro e do traballador. Nela non só atoparás carburante a bo prezo, tamén todo o que precisas para facer unha pausa na túa ruta en condicións. Enche o depósito, toma un refresco e come algo. Estira as pernas e respira; e o mellor: non pagues de máis pola gasolina.

Para Arteixo Centro Comercial Aberto é importante que os que somos autónomos nos axudemos entre nós. Nós facémolo con todos os que se asocian connosco e tamén recomendamos outros socios que sabemos que lle van dar o mellor trato ós que estamos a contar moedas para chegar ben a fin de mes.

Así que se ti te atopas nesta situación, lembra: para aforrar na gasolina, visita E.S. La Hermida en Lugar HERMIDA, 17, 15144, A Coruña.