O local gañador de acordo co xurado popular é o encargado de extraer unha papeleta no sorteo de 300 € entre os clientes que colaboraron votando a súa tapa favorita. Neste caso foi Víctor Calongue de 40 y Tantos por tanto, quen fixo os honores.

VíctorCalongue_40yTantos_SorteoXuadoPopularTodas as papeletas con 4 selos de 4 locais distintos entraron no sorteo de 300 € en vales de compra para gastar nas 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com.

A persoa do público afortunada no sorteo desta IX edición, foi  Marta Faraldo Sánchez, quen dispón de 300 € para consumir de aquí ao 30 de setembro en calquera dos 80 establecementos asociados ao CCA, e entre os cales conta con oferta de todolos productos e servizos.

Marta probou as tapas de Bajo Trece, La Ventana, A Vinoteca do Caramuxo e Café de Fábula.

Ademáis deste premio, os locais galadores, poden optar por desfrutar o seu premio directamente, ou ben usar ese premio para organizar un sorteo entre os seus clientes, e os xerentes de ambos establecementos Víctor Calongue de 40 y Tantos, e   Noé López de Bata de Guata, non dubidaron o máis mínimo en optar por este xeito de empregar o seu premio: agradecer e premiar aos seus clientes,

 

O mellor premio que temos os establecementos é traballar como se traballou esta fin de semá, que veñan todos os clientes habituais e darnos a coñecer entre outros novos. Non hai mellor premio que ese.

Por iso o premio económico preferimos usalo para premiar e agradecer aos clientes que son os que nos axudan a ter a porta aberta, gañar os nosos salarios e xenerar postos de emprego, ao tempo que facemos un servicio ao pobo e á sociedade

expresan os hostaleiros.

Deste xeito, en cada un destes locais do 15 ao 31 de agosto os clientes recibirán unha papeleta coas súas consumicións para deixar na urna do local cos seus datos, e entrar no sorteo de 6 premios de 50 € cada un (3 en cada local).

O mércores 31 de agosto, ás 19 horas, representantes do CCA e do propio local abrirán as urnas, para sacar as 6 papeletas premiadas, cada unha delas, con 50 € para gastar en compras en establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Arteixo. Co cal de novo recaen no público e clientes outros 300 € en premios.