Un dos propósitos de 2019 que fixeches é comezar a ler pero non sabes por onde comezar? A lectura abrirache un mundo marabilloso de aventuras, romances e misterio. Ler é moi recomendado para todas as idades. Mellora a túa concentración, retrasa os síntomas de vellez cerebral, axúdache a pensar máis rápido e tamén conseguirá que sexas máis perceptivo.

A todo isto, súmalle outro valor engadido: se es pai ou nai, e os teus fillos venchen ler, eles tamén o farán, o que favorecerá o seu crecemento cerebral e traducirase en mellores notas no colexio. É probado que as nenas e os nenos que len a cotío na casa, logo téñeno moito máis sinxelo para aprobar con máis facilidades. O problema é que se non tes costume de ler, pódese facer costaarriba abrir un libro.

Por iso, antes de comenzar con novelas moi complexas, recomendámosche que visites Nueva Valkirias en Av. dos Bosques, 14, en Arteixo. Ista é unha das últimas tendas que se uniron ó noso centro comercial aberto, e especialízanse en banda deseñada. Comeza lendo cómics, manga e banda deseñada. A intermediación de debuxos coas letras conseguirá que che apeteza ler máis e máis.

comics en arteixo

A banda deseñada é unha boa forma de empezar a ler

Pero ollo, non dicimos isto porque os tebeos sexan todos sinxelos de ler. A banda deseñada acadou no último seculo unha profundidade narrativa digna de mención, tratando todo tipo de temas e perfeccionando a súa linguaxe e código simbólico ano a ano. En Nueva Valkirias recomendaranche qué ler se eres novato na materia.

Unha vez que xa teñas a mente preparada e entrenada, é hora de visitar as librarías Marina e tamén Mina, as nosas xoias no que respecta a mercar libros en Arteixo. Así que xa sabes: comeza cun bo cómic, porque as boas bandas deseñadas non entenden de idade. Cando atopes o lecer da lectura, dá o seguinte paso, pouco a pouco. Esperamos que quede claro que este consello é moi importante se es pai oun nai.