Seguimos co noso especial dos mellores restaurantes de Arteixo, propostas gastronómicas de todas clases, onde poderedes non só comer, senón tamén desfrutar dos mellores viños. Nesta ocasión imos a falar precisamente disto: das viñotecas que temos en Arteixo. Entre toda as que forman parte de Arteixo Centro Comercial Aberto, queremos destacar dúas das nosas viñotecas: a Viñoteca O Refuxio e a Vinoteca do Caramuxo.

A visita a unha das viñotecas que temos en Arteixo é a oportunidade perfecta para probar novas sensacións a través das súas cartas de viños. Por suposto (e por iso se inclúen na nosa listaxe de restaurantes en Arteixo) nada mellor que combinar estes viños cos pratos que teñen para ti.

Viñotecas en Arteixo: Viñoteca o Refuxio

A Viñoteca O Refuxio atópase en Paseo do Balneario, nº 6, baixo (Arteixo 15142), nunha zona perfecta para tomar unha copa e relaxarse cos amigos: ao carón do Paseo Fluvial de Arteixo. O local está decorado dunha forma moderna pero moi fogareña. A viñoteca en Arteixo O Refuxio destaca por unha carta de viños que rota cada semana, tres viños brancos e tres tintos.

restaurantes vinotecas en arteixo

“Viñotecas, tabernas, mesóns… a oferta de restaurantes de Arteixo Centro Comercial Aberto é rica e variada.”

Para poder probar as cualidades de restaurante que ten a viñoteca, cabe mencionar que con cada consumición tedes acceso a unha tapiña cortesía da casa, para que vos animedes a pedir un prato e elixilos para cear ou comer. Visitade o facebook da viñoteca e pedide máis información chamando ao número 981 601 330

Viñotecas en Arteixo: A Vinoteca do Caramuxo

A Vinoteca de Caramuxo é a segunda das viñotecas que vos recomendamos dentro da nosa lista dos restaurantes de Arteixo. Esta viñoteca atópase en Rúa da Capela, nº 6, baixo (Arteixo 15142). Abren de martes a domingo nun local que invita a quedarse e compartir longas charlas probando os seus viños.

Esta é só parte da variada proposta de Arteixo Centro Comercial Aberto. Porque estamos comprometidos coa variedade e con ofrecerche un plan distinto para cada día, ven a Arteixo: volverás.