Estabamos impacientes por saber o resultado do VIII Concurso #deTapasxArteixo, e xa é oficial, xa temos gañadores, e son varios:
- Mellor tapa, premiada con 300 €, diploma e trofeo: a do local LA VENTANA, coa sua tosta chamada “MIMÁ”.
- Gañador de 300 €, do sorteo xurado popular: MANUEL BRANDÓN DE LA IGLESIA;
- Premio Foto coca cola “Taste the Feeling” para CARMEN EIROA, que saborea en compañía dunha amiga a tapa “A Bomba” no Café de Fábula na foto gañadora.
- Foto Coca Cola máis Orixinal, a de VIOLA SKYES sentido o sabor de Coca Cola e da tapa “Quino no seu leito” no Rancho.
- Foto Coca cola máis Divertida, a de CRIS VR, coa sua foto “Coca Cola mola… y lo sabes”, mentres saborea a tapa do Triskel chamada “Mírao doutra cor”.
Pronto saberemos onde van disfrutar desa invitación a unha cea ou xantar.
Pero a cousa non remata aquí!! Imos ter máis premiados nesta VIII Edición do Concurso de Tapas por Arteixo do CCA. Como!!!?? Pois sí! pero iso non o imos contar hoxe. Só vos adiantamos que vai haber un coletazo de 6 premios máis, de 50 € cada un. Gracias a todos de novo por participar concursando, traballando, comendo, votando, fotografiando…..dando vida ao noso pobo e ao comercio local!!
Estade atentos porque moi pronto vos contamos máis!!
Tapa gañadora e fotos premiadas
La Ventana, gañador do VIII Concurso de Tapas por Arteixo, opta por sortear o seu premio de 300 € entre os seus clientes!!
O CCA propuxo nas bases deste VIII Concurso que o local que fose gañador, puidese optar por disfrutar o premio, ou ben por facer un sorteo de 6 premios de 50 € entre os seus clientes nas próximas 2 semás, e Manuel Dopico optou de inmediato por esta opción, así que dende hoxe e ata o 14 de Marzo, as consumicións en La Ventana, irán acompañadas dunha papeleta para o sorteo.
Así se comunicou na Rolda de Prensa que tivo lugar este martes día 1 de marzo, no establecemento, onde o presidente do CCA, Diego Lozano, acompañado polo alcalde Carlos Calvelo e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Patricia Amado, entregaron os premios deste concurso. Acodiron á entrega tamén o gañador de 300 € do sorteo ao xurado popular: Manuel Brandón, e as 3 gañadoras do concurso de Fotografías “Sinte o Sabor de Coca Cola de Tapas por Arteixo: Carmen Eiroa, Violla Dall´agllio e Cristina Vázquez.
Aquí vos deixaos as fotos de tanto premiado!! Noraboa e Grazas a todos!!
Pechamos o concurso de tapas cun ultimo sorteo entre clientes
O Concurso de Tapas de Febreiro tivo premio extra para o público, para os consumidores, gracias á nova modalidade de premio para a tapa gañadora do Concurso do CCA De Tapas por Arteixo.
Ao establecemento gañador premióuselle cun diploma e placa e con 300€ coma sempre, pero déuselle opción de usar estos 300€, para sortealos entre os clientes do local.
O gañador foi La Ventana e optou por esta forma de premio, así que o pasado día 15 de marzo, sorteáronse entre os clientes do local dos últimos 15 días, 6 premios de 50€ cada un, e os gañadores foron:
Noraboa a todos! Que disfrutedes do premio. O CCA sigue premiando a fidelidade dos consumidores no Comercio Local.