QUE CHE OFRECE O CCA
No Centro Comercial Aberto de Arteixo traballamos cada día para acompañar, reforzar e dar visibilidade ao tecido económico local. Este espazo está aberto a todas as persoas que queiran saber máis sobre o que facemos: tanto se es socia, como se estás pensando en sero, ou simplemente queres coñecer como funciona o CCA.
Aquí explicámosche en liñas xerais todo o que ofrecemos.
Se xa es socia, tes acceso a moita máis información na túa área privada.
E se queres unirte ao CCA, podes consultar máis detalles en “Quero facerme socia”
Asesoría: acompañamento en cada paso do teu negocio
Se estás a pensar en emprender en Arteixo, aquí atoparás un punto de apoio desde o primeiro día:
asesoramento sobre como empezar, pasos a seguir, recursos dispoñibles e moito máis.
E se o teu negocio xa está en marcha, estamos aquí para acompañarte cando o necesites:
- Para profesionalizar a túa xestión.
- Para resolver calquera dúbida ou problema.
- Para acompañarte nas túas relacións coas administracións, mediando e orientando en trámites, reclamacións ou peticións que afecten ao teu negocio.
Información e apoio na solicitude de axudas
Desde o CCA informámosche puntualmente sobre subvencións, axudas e programas públicos que poidan ser de interese para as pequenas empresas. Non só che facilitamos a información, senón que tamén che axudamos a preparar a documentación e a presentar a túa solicitude.
Queremos que as pequenas empresas de Arteixo non queden fóra das oportunidades de financiamento público que existen.
Formación e profesionalización
Ofrecemos accións formativas adaptadas ás necesidades reais das pequenas empresas locais,
para que poidas mellorar as túas competencias, actualizarte e manter o teu negocio competitivo. Traballamos para que ti e o teu equipo teñades acceso a formación práctica en áreas como:
- Xestión comercial e financeira.
- Atención ao cliente.
- Novas tecnoloxías.
- Marketing e redes sociais.
- Sostibilidade e economía circular.
- Saúde e benestar no traballo.
Dixitalización: ferramentas para non quedar atrás
Apostamos por acompañar as pequenas empresas de Arteixo na súa transformación dixital. Queremos que coñezas e aproveites todo o que as novas tecnoloxías e as intelixencias artificiais poden ofrecerche.
Desde xestión dixital de clientes, automatización de procesos, venda en liña, ata ferramentas para mellorar a túa produtividade e reducir o uso de papel.
Estar ao día é clave para que o teu negocio siga medrando.
Promoción: dar visibilidade ao que ti fas
Traballamos para que a túa empresa teña máis presenza, máis alcance e máis recoñecemento.
- •Campañas publicitarias, tanto en liña como en medios tradicionais
- •Promoción nas nosas redes sociais e na nosa web
- •Servizos de comunicación e difusión, para que cada acción que fagas teña máis eco e chegue a máis persoas
O CCA é o teu altofalante local, para que a túa voz chegue máis lonxe.
Dinamización: campañas que xeran movemento
Organizamos campañas e accións ao longo de todo o ano que dinamizan as compras, fidelizan á clientela e conectan ás empresas coa veciñanza.
Ser parte do CCA permíteche participar en todas estas campañas, aproveitar o seu impacto e sumar ao movemento que mantén vivas as rúas de Arteixo.
Porque a dinamización e a promoción van da man. Xuntas fan que o comercio local sexa máis forte, máis visible e máis valorado.
Se xa es socia
accede á túa área privada para consultar todos os recursos dispoñibles:
Se aínda non es socia
pero estás pensando en unirte ao CCA, consulta as vantaxes e dá o paso cando queiras:
Para todas as persoas
Se simplemente queres estar ao día do que facemos ou participar nas nosas campañas como consumidora