Socias CCA Arteixo - Beleza, Coidados, Estética

Arteixo Laser

Cercanía, confianza e tecnoloxía ao servizo do teu benestar
En Arteixo Láser combínanse a proximidade coa tecnoloxía máis avanzada, ofrecendo tratamentos de beleza e benestar cunha atención profesional e cercana.

Datos de contacto

sobre el socio

Arteixo Láser é ese lugar onde a confianza e a cercanía se mesturan coa tecnoloxía máis innovadora e a profesionalidade dun equipo con experiencia. Detrás están Begoña e Ovidio, que coidan de cada persoa coma se fose da casa: escoitan, asesoran e recomendan sempre o mellor para cada caso. Aquí atopas depilación láser, tratamentos estéticos, masaxes e moito máis, sempre coa garantía de marcas de prestixio e cun asesoramento honesto e personalizado. A combinación é única: proximidade humana e excelencia profesional. Por iso quen entra en Arteixo Láser, queda.