Socias CCA Arteixo - Audición, Óptica, Saúde

Balneario Visión

Coidamos da túa vista e audición con profesionalidade
Centro óptico e auditivo en Arteixo con atención personalizada, última tecnoloxía e servizo a domicilio

Datos de contacto

sobre el socio

Balneario Visión é un centro óptico e auditivo asentado en Arteixo desde 1998 que aposta pola saúde visual e auditiva de forma integral. O noso equipo de optometristas e especialistas en audición traballa con metodoloxía avanzada nas áreas de optometría, terapia visual, retinografía, topografía corneal, adaptación de audífonos e revisión auditiva. Ofrecemos atención persoal en cada caso, facendo seguimentos individuais e acompañando ao paciente no proceso. Incluimos servizo de visita a domicilio cando o cliente o necesita, e facilitamos opcións de pago adaptadas. O noso obxectivo: que veas mellor, escoites ben e te sintas acompañado en cada paso.