Betty Queiro é unha academia de inglés en Arteixo con máis de dúas décadas de experiencia acompañando estudantes de todas as idades. Dende nenos de dous anos ata adultos, ofertamos clases lúdicas e participativas, talleres creativos, apoio escolar e preparación para exames oficiais. Somos centro examinador do Oxford Test of English e cremos que aprender é disfrutar xuntos, conectando con cada persoa e respectando os seus ritmos e intereses. O noso equipo traballa con afecto, profesionalidade e ganas de ver como cada alumno acada confianza no idioma e crece a través do proceso.