Depodo

Atención podal personalizada en Arteixo
Centro de podoloxía en Arteixo que ofrece servizo individualizado, tratamentos podais e estudo da pisada

Datos de contacto

sobre el socio

Depodo é un centro de podoloxía en Arteixo no que entendemos que os teus pés sosteñen o teu día a día. A podóloga Noelia Carro lidera este proxecto con profesionalidade, dedicación e humanidade, comprometéndose a ofrecer unha atención individual adaptada ás necesidade de cada persoa. Realizamos diagnóstico, tratamentos podais, estudo biomecánico, elaboración de plantillas e intervencións para afeccións como durezas, uñas encarnadas ou alteracións da marcha. O noso obxectivo é darche solucións eficaces, coidar da túa saúde podal e devolverte a confianza ao camiñar. Acompañámoste en cada paso do proceso, con esmero e respecto.