Librería Marina é dese tipo de tenda que sentes próxima, de toda a vida, que fai pouco se trasladou a un local máis grande, que ocupa esquina entre a Avenida de Fisterra e a Avenida do Balneario, pegada á rúa peonil. Os seus escaparates amplos convidan a asomarse e descubrir. Aquí atopas de todo: dende prensa e revistas, ata libros de lectura para grandes e pequenos; desde material escolar e de oficina, papelería variada, ata detalles e pequenos agasallos.