Socias CCA Arteixo - Distribución, Libraría, Téxtil

Seoane Textil

Empresa de barrio con 30 anos de experiencia no sector textil
Empresa familiar en Arteixo con venda de mercería, maquinaria téxtil, e-commerce e servizo técnico oficial

Datos de contacto

sobre el socio

Seoane Textil (Jose Manuel Seoane Varela S.L.) é unha empresa familiar fundada en 1994 en Arteixo, berce da industria téxtil galega. Cunha traxectoria de máis de 30 anos, dedicámonos á venda de mercería e produtos para confección, á distribución e reparación de maquinaria téxtil, e tamén ao comercio en liña para facilitar o acceso a todo tipo de artigos de costura creativa. Somos distribuidores oficiais das principais marcas do sector e contamos con Servizo Técnico Oficial propio. Ademais, comercializamos goma de caucho virxe para España e Portugal. Seoane Textil é unha empresa próxima, con raíces locais, que medra combinando tradición e innovación, e si, tamén somos Pet Friendly.