Sincro Audiovisual é unha produtora que naceu desde Arteixo, dirixida por Borja Sueiro -Mahonei -, e comprometida con facer visibles proxectos locais con calidade técnica. Aquí traballamos en vídeos para eventos, programas culturais, documentación audiovisual e montaxes multimedia para que a túa historia chegue con forza. O noso enfoque combina creatividade e técnica para adaptarnos ao que precisas, co obxectivo de que o traballo final te emocione. Cada proxecto é para nós unha nova conversa coa imaxe e o son.