Dende o sábado 1 e ata o sábado 29 de Outubro, Arteixo Centro Comercial Aberto, coa colaboración do Centro Deportivo Municipal, fará a súa campaña de concienciación cos hábitos de vida saudable cunha divertida campaña.

O sábado 1, na praza do Balneario ás 12:30 horas, levarán a cabo unha divertida sesión deportiva de aerobic aberta a todo o público con monitorado do Centro Deportivo Municipal, coñecido ata o de agora como a Piscina Municipal,e colaborador desta campaña.

Con esta acción, abrirase un mes no que todas as compras en establecementos asociados son premiadas con rifas para o sorteo de 5 balóns asinados polos xogadores do Dépor. Os clientes do CCA poderán acumular rifas durante todo o mes e deixalas nas urnas do CCA que estarán ubicadas en 5 establecementos saudables: ARCEFI (Arteixo Centro de Fisioterapia), Óptica Balneario Visión, Óptica Romay, Peixería Botero Gundín e no Centro Deportivo Municipal (piscina). Tamén poderán deixar as rifas na praza do Balneario o sábado 29 de outubro de 12 a 13 horas, xusto antes do sorteo.

Así o último sábado do mes, volverán a celebrar unha sesión deportiva ás 12:30 h, e ademáis o sorteo dos balóns e outras sorpresas ás 13 horas. Cóntase ademáis coa visita de xogadores do Dépor poucos días despois para fotografiarse cos gañadores do sorteo.

Pero aínda máis: durante o mes de outubro, os establecementos saudables protagonistas desta campaña, terán promocións moi especiais para os clientes que presenten o folleto da campaña; por exemplo, en ARCEFI, poderá conseguirse bonos de 2 sesións por tan sólo 30 €, ou unha oferta espectacular no prezo do pulpo en peixería Botero Gundín, un 35% de desconto en Óptica Romay, ou o regalo dunha camiseta e 10 € para a compra de material deportivo no Centro Deportivo Municipal.

O caso é que en Arteixo existe unha grande oferta comercial e de servizos en todos os sectores incluido o da saude, dende ópticas a dentistas ou fisioterapeutas, pasando polo mellor peixe, froitas e verduras, dietética, alimentos ecolóxicos, centros deportivos e un longo etcétera que sin dúbida nos da opción a manter e aumentar os nosos hábitos saudables, por iso nos animan dicíndonos:

TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA

flyer1

flyer2

Ten Vista! Entrega de balóns