Arteixo Centro Comercial Aberto é a suma de todos os pequenos comercios en Arteixo que deciden unirse como un só. E que é un Centro Comercial Aberto? Este término, define un tipo de asociación comercial especialmente regulada polo Ministerio de Comercio a nivel estatal, e pola Consellería de Comercio a nivel autonómico no caso de Galicia, e que existe en  moitas localidades a nivel nacional, aínda que non é doado obter esta denominación pois require cumprir unha serie de requisitos.

Un CCA, Arteixo CCA, é un espazo aberto, no que o teito é o ceo e as tendas do seu interior non son franquicias clónicas, son os pequenos comercios en Arteixo, os de toda a vida, xunto con novas iniciativas comerciais máis innovadoras e creativas, que unen as súas enerxías para funcionar como un único corpo composto de moitos corazóns.

Este centro comercial en Arteixo, aberto para todos, conta con tendas de alimentación, talleres, comercios de roupa e moda infantil, bares e restaurantes dentro dunha ampla oferta de hostalaría e moitos máis productos e servizos. Día a día, máis comercios en Arteixo únense e forman parte dun concepto que ten como obxectivo non só revitalizar o comercio, senón tamén a todo Arteixo.

comercios en arteixo

“Arteixo Centro Comercial Aberto fórmase coa ilusión de todos os pequenos comercios de Arteixo.”

Cada vez máis establecementos comerciais se unen ao CCA, animados pola efectividade das campañas, algunhas delas xa moi consolidadas como por exemplo o concurso de tapas que organiza o Arteixo Centro Comercial Aberto.

Dito concurso de tapas é so unha das accións que desenrolamos como grupo. No noso centro comercial aberto cremos na diversidade e en que na varieade atópase o gusto, deseñando actividades moi distintas. Outra moi recordada dentro de todas as que fai o CCA é, dende o nadal de 2009, unha campaña solidaria na que os asociados, regalan postais de nadal debuxadas polos escolares do Concello, a cambio de que o cliente entregue alimentos para donar a Cáritas Arteixo. Entre todos, cada ano, enchemos cada Nadal 2 furgóns de alimentos para as familias que o precisan no noso concello.

Porque se vives en Arteixo estás de noraboa. Cada ano organizamos a Feria de Oportunidades e do Automóbil de Ocasión, en marzo e setembro, dinamizando as tendas de roupa que forman parte do Arteixo Centro Comercial, os nosos comercios e tamén os talleres e concesionarios da nosa localidade. Queremos tamén destacar o éxito das nosas convocatorias de concurso fotográfico, que serviron para suliñar o espíritu dos pequenos comercios que forman o noso centro comercial aberto a golpe de instantáneas.

Outra faceta crucial no traballo do CCA, é formar e informar aos establecementos asociados en diferentes aspectos que contribúen á sua profesionalización e mellora competitiva, buscando ofrecer un servizo excelente aos clientes e contribuir ao éxito empresarial dos nosos asociados.

 

comercios en arteixo

“Se tes un pequeno comercio en Arteixo, asóciate.”

Todo o equipo do Arteixo CCA segue a traballar tanto para ofrecer unha completa oferta de ocio para os visitantes e veciños de Arteixo como iniciativas para achegar a estes aos pequenos comercios. E como sabemos que xuntos temos máis forza, creamos unha iniciativa para seguir medrando. Se xa es socio de Arteixo CCA poderás disfrutar dun desconto se traes a un novo socio e este tamén gozará dunha rebaixa na súa cuota, tedes máis información nesta ligazón.

Por iso, se es un comerciante en Arteixo, anímate a formar parte de algo meirande que segue a medrar e dar vida á nosa localidade; e se visitas Arteixo ou es un veciño, disfruta de toda a oferta de ocio é comercial que ofrecen os nosos bares, restaures, tendas e servizos.