Achégase o nadal, e nos comercios de Arteixo CCA poderás atopar eses agasallos especiais para os teus seres queridos. Non esquezas que ademáis de variedade, en Arteixo temos este mes de novembro unha serie de importantes promocións coas que poderás abaratar as túas compras (como Merca e Aforra e CCA Black Friday), ademáis de sorteos e un montón de actividades para que mercar sexa moi divertido en nadal.

Outra das cousas que podedes atopar no CCA de Arteixo xa en decembro, son as postais solidarias dos escolares do Concello. A comunidade educativa colabora cos comerciantes, elaborando preciosas postai navideñas, que nos comercios cámbianse por alimentos que son donados a Cáritas. Además o CCA donará ata 450 € para a compra de alimentos frescos (panadería e peixe) aportando 0,15 € por cada postal que o público cambie por alimentos non perecedoiros.

As compras de decembro van ter ademáis premios directos en boletos sorpresa, ou rifas para cestas de nadal e unha viaxe á Warner, invitacións a chocolate a trade de Reis, e moito máis. Así que en vindeiros artigos sinalarémosvos máis ideas, e hoxe empezamos con tres que seguro que son do voso gusto:

artesania arteixo

Comercios de Artesanía en Arteixo – Agasalla artesanía

No Centro Comercial Aberto Arteixo adoramos o pequeno comercio, a capacidade dunha persoa de xerar unha marca ó seu redor e de crear algo da nada. E por iso recomendámosvos visitar Luz Ferro, un comercio de artesanía, socio de AGA e onde poderás atopar axendas, monedeiros, mochilas…. podendo encargalas de xeito persoalizado, co nome ou o motivo favorito da persoa agasallada, para facer do teu presente, algo persoalizado, único e irrepetible, made in Arteixo.

xardinería arteixo

Comercios de Xardinería en Arteixo – Agasalla vida

Comeza algo novo. Visita a nosa xardinería en Arteixo Don Agro e agasalla unha maceta cunha pranta. Poderás vela crecer dentro da túa casa ou plantala no teu xardín. Se tes fillos é unha boa idea poñer a pranta no teu xardín con eles para ensinarlles cómo é a terra, cómo nace a vida e a importancia de coidar o agro. En Don Agro podes atopar tamén Flores de Pascua ou productos para mascotas, así que é o típico comercio a ter de man.

xogueterías arteixo

Comercios de Xoguetes en Arteixo – Regala un xogo educativo

En Don Dino poderás atopar un montón de divertidos xoguetes para que un neno poida xogar coas mans e coa súa imaxinación. Xa terá tempo de xogar con videoxogos e andar con teléfonos; agora é tempo de xogar, de potenciar a súa creatividade e de facer que o seu cerebro medre; iso poderás conseguilo regalando xoguetes en Nadal.

Pero isto non é todo, seguiremos falando en futuros artigos de máis agasallos que podedes facer. Moitas grazas por elixir Arteixo para vivir o nadal.