Para conmemorar o día do libro que se celebra o próximo sábado 23 de abril, Arteixo Centro Comercial Aberto, propón aos seus clientes unha maneira moi orixinal de disfrutar da literatura.

Propoñemos 4 sesións de contos a cargo dun peculiar CARTEIRO EN BICICLETA, interpretado polo grande contacontos CAXOTO. Estas 4 sesións terán lugar en sitios insospeitados, en 4 comercios do CCA: LIBRERÍA MARINA, LIBRERÍA MINA, ECOLIDER e MANUALIDADES SITA, porque os libros lense, escíbense e ilústranse, e ata os hai con texturas, plegados…. Así que queremos animar aos nenos e nenas e maiores do pobo a que lean, pero tamén a que escriban e ilustren as suas propias historias: novelas, contos, poemas, libros ilustrados, diarios… Ler, e tamén o proceso creativo de facer un libro,está en realidade ao alcance de todos!!

Dende o luns 11 de abril, coas compras nos comercios do CCA podes pedir unha invitación para os Contos do CCA. Escolle a cal sesión queres ir (só a unha, por favor) e vai á tenda desa sesión a cambiar a tua invitación por unha entrada (máximo 2 entradas por invitación). O aforo é limitado, así que só se canxearán entradas ata completar aforo en cada sesión.

Ven á librería-papelería o día do Conto, 10 ou 15 minutiños antes. Os nenos entran, e os adultos agardan fora do comercio por cuestión de espacio. Son sesión curtiñas, de aprox. 30 minutos, pero intensas e de calidade, ademáis de que faremos un sorteo dun lote de regalos e vales de compra entre os nenos asistentes.

Non o perdas!! VEN AO COTO DO CCA!! Ata 75 entradas repartidas nas nosas 4 mirosesións en Marina, Mina, Ecolíder e Sita!, e regalos e sorpresas para os asistentes.

Ver pdf 1

Ver pdf 2

 

Que ben o pasamos esta semá do libro en Arteixo CCA!!

Máis de 75 nenos e nenas disfrutaron do Conto do CCA e levaron regalos, ademáis dunha tarde super-entretida co contacontos CAXOTO e o seu persoaxe, o Carteiro en Bicicleta. Grazas ás Librerías Marina e Mina, á papelería e tenda de tóner reciclado Ecolíder e a Manualidades Sita pola vosa hospitalidade, transformando por un anaquiño, as vosas tendas en escenario destes contos, e polos estupendos regalos que sorteamos grazas á vosa colaboración. Grazas a todos os nosos clientes por disfrutar xunto co CCA dos libros e da creatividade literaria.

Pero as actividades continúan aínda o venres 29 ao longo de todo o día na praza do Balneario, onde un dos socios do CCA: Librería Mina, en colaboración coa florería Momä teñen preparada unha xornada moi especial de xogos para seguir conmemorando e divertíndonos co Día do Libro, así que agardamos vervos a todos alí.

Deixámosvoos algunhas fotografías das sesións de contos da campaña “Ven ao Conto do CCA”. Agardamos que vos gustase!!