XA ESTÁ AQUÍ a edición de inverno do

Concurso de Tapas

de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!

 

Do Xoves 18 ao Domingo 21 de Febreiro, 23 establecementos hosteleiros ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante a 1,80 €, acompañada da tua bebida favorita.

Neste concurso, o xurado son os propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas entran no sorteo de 300 € en vales de compra para gastar nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA,  que ademáis aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com. Hai oferta de todo o que calquera consumidor poida precisar mercar, e ademáis o gañador ten de prazo ata o 30 de marzo para consumilos. O mesmo que o Bar gañador do Concurso, que terá como premio outros 300 € en vales de compra, ademáis dun diploma e trofeo honoríficos.

Nesta edición mantemos a colaboración por parte da marca COCA COLA. Da sua man damos continuidade a ese divertido concurso paralelo, no que os clientes do roteiro de tapas que suben ao facebook de Arteixo CCA fotos das tapas acompañadas da consumición de Coca Cola, entran nun concurso no que  se premiarán as 3 fotos máis orixinais con regalos Coca Cola. Cada cliente poderá concursar cun máximo de 23 fotos (unha por bar participante), así que por oportunidades que non sexa….

Nesta edición, as fotos de novo deben reflexar unha tapa concursante e unha botella de Coca Cola, pero nesta ocasión, o que se vai valorar son as fotos máis fermosas, orixinais e divertidas imitando os novos anuncios de coca cola “SIENTE EL SABOR DE COCA COLA”, nos que se anima a reencontrar o especial sabor de Coca Cola cando se bebe pola botella e ben fría. O premio para os gañadores, vai ser unha invitación a comer ou cear nun dos locais hostaleiros de Arteixo.

Podes ver as imaxes en www.cocacola.es

Para esta edición, tamén temos novidades. Posto que o concurso non para de medrar en locais participantes, cada vez é máis complicado reflexalos nun roteiro en papel, así que subimos ao carro da tecnoloxía, incorporando unha aplicación móvil, nativa para Android e IOS. Esta app é de descarga gratuita para os usuarios, nela poden ver concursos e xornadas gastronómicas por toda Galicia. Dentro do noso concurso, poderán ver todos los locais participantes, nome, descripción e foto de cada tapa concursante e noticias sobre o evento. Poden obter un mapa ou ruta de cómo chegar a un local determinado, valorar as tapas, invitar a amigos a unirse á festa enviando tentadoras fotos das suculentas tapas, etc.Seguiremos tendo a disposición os roteiros en papel, pero engadimos este novo xeito de coñecer o noso roteiro. Queremos animar a todos que se descarguen a app dende agora mesmo para enterarse de todo. Poden facelo co código QR que atoparán nos carteis e roteiros, papeletas de votación, en www.ccaarteixo.com e no facebook, ou simplemente entrando na tenda de apps do seu móvil e escribindo: quedamosdetapas. É gratuita e ten un funcionamento excelente.

QR-TapasArteixo

 

Na edición de inverno, os días 18, 19, 20 e 21 de Febrero, participarán no concurso os seguintes establecementos con estas suxerentes tapas:

ESTABLECEMENTO TAPA DESCRIPCIÓN DA TAPA
40 Y TANTOS FABAS CON AMEIXAS Fabas de Lourenzá con ameixas da Ría
ÁNCORA CAFÉ GRAO DE BICO Callos á cazola con toque mexicano
A TOSTA SOLOMILLO EN ABANICO DE CORES Solomillo con crema de pasas e pementos
A VINOTECA DO CARAMUXO BRÉTEMA Base da nosa terra con bruma do mar salgado
ASADOR PIMPOLLO O POLIÑO PÍO Ovo recheo de delicias de mar e terra
BAJOTRECE RILES AO XEREZ Riles de tenreira marinados con viño de xerez, con de guarnición de arroz
BAR CODE FUSIÓN ITALO-GALAICA Mini pizza con base de harina de trigo, salsa casera de tomate, mozarella y lacón con grelos
BATA DE GUATA O EMIGRANTE Bolsiña de masa filo, rechea de codorniz estofada con hinojo caramelizado sobre crema temperada de mango.
CAFÉ BAR RANCHO QUINO NO SEU LEITO Carne de porco sobre leito de patacas crocantes, acompañado de verduras frescas e aderezado cunha brevaxe máxica
CAFÉ DE FÁBULA A BOMBA MiniHamburguesa en pan de leña, con queixo de Arzúa, crocante de bacon, ovo de codorniz e salsa barbacoa de Jack Daniel´s
CAFETERÍA CASTELAO SEGREDO DE SUMARIO Secreto Ibérico con mazá caramelizada e guarnición da casa
CERVECERÍA PLAY DE NORTE A SUR Cama de pataca con ovo de codorniz, pemento de padrón e polvo de ibérco con crema de módena.
CERVECERÍA FÉNIX XAMÓN AO COGNAC Xamón ao cognac con puré de boniato
EK CHUAH CAPRICHO DOCE Filloa rechea e caramelizada con corazón de hojaldre
EL NARANJO DE MAMÁ CHICÓ TARTAR DE TARTARES Tartar de tomate, Tartar de aguacate y Mango, Tartar de atún y espuma de cítricos
HAMBURGUESERÍA IVI BOLSA SORPRESA Bolsa de pasta rechea sobre coulis de melocotón
LA VENTANA TOSTA MIMÁ Crema de Marisco e verdura con gambas e bacallao sobre pan tostado e aderezo de salsa rosa
MESÓN CARAMUXO DELICIAS DE POLO CON QUEIXO Rollitos de polo con bacon, gratinados con queixo e salsa de mandarina e cúrcuma.
MESÓN OS ARCOS DE JALISIA AO ESTRANXEIRO Tallaríns ao estilo chino con polo e gambas en salsa de soja e curry
O PETISCO VOLCÁN PETISCO Boliño recheo de queixo, touciño, vexetais e ovo
PINTXOTEKA PLATO COMBINADO Fusión de cociñas do mundo
TRISKEL BAR DE TAPAS MÍRAO DOUTRA COR Tortilla de patata violeta con cebolla caramelizada y salsa de cabrales
VIÑOTECA O REFUXIO MISTERIO Filloa rechea de deliciosa Fabada

Plano_tapas_feb2016

Fotos de toda as tapas (por orden alfabético – para velas máis grandes pinchar nelas)

 

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA – Arteixo CCA:

“Siente o Sabor de Coca Cola de Tapas por Arteixo”.

Volve a sentir o sabor de Coca Cola bebendo directamente da botella. Coa vosa tapa servida!!  faite unha foto bebendo Coca Cola. Súbea  ao facebook de Arteixo CCA, e… entra no concurso!! Poderás gañar unha comida ou cea gratis en Arteixo.

Pincha aquí para ver as bases

Escoita a promoción