Bases de participación no “Racing de Compras” da Feira de Oportunidades 2024

BASES

1. ORGANIZA

1.1. Arteixo Centro Comercial Aberto, con CIF G15700818 (en adiante, Arteixo CCA ou a organización).

2. OBXECTO DO SORTEO

2.1. O obxectivo do premio é fomentar as vendas nos establecementos participantes na Feira de Oportunidades de Arteixo 2024, premiando a aquelas persoas que realicen compras nos postos sinalados.

3. PREMIOS

3.1. O premio consiste en 1.000€ para gastar nos establecementos sinalados situados na Feira de Oportunidades de Arteixo, situada na Chaira do Campo da Feira de Arteixo. Poderanse adquirir calquera produto ou servizo dos postos participantes, coa restrición de 150€ máximo por cada posto. Se a cantidade comprada é maior, deberá ser abonada polo concursante.

4. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.

4.1. Só poderán participar nesta campaña persoas de 16 ou máis anos, na data 1 de marzo de 2023. Os e as menores de idade só poderán participar con autorización ou acompañados dunha persoa adulta

4.2. Os e as propietarias ou empregados de establecementos asociados ao Arteixo CCA, as súas parellas, e os seus ascendentes ou descendentes, poderán participar na campaña.

5. MODO DE PARTICIPACIÓN

5.1. Os interesados en participar deben realizar compras durante a Feira de Oportunidades nos establecementos sinalados. Por cada 10€ de compra, recibirán unha participación numerada, coa que poderán reclamar o seu premio.

5.2 Data de Inicio e Finalización do Concurso:

O período de participación inicia ás 16:30h do venres 1 de marzo e finaliza ás 18:45h do domingo 3 de marzo. O sorteo levará a cabo ás 19:00h do domingo 3 de marzo.

5.3 Selección do Gañador: Todos os resguardos das papeletas participantes introduciranse nunha urna. Retirarase un número e anunciarase en voz alta. Se a persoa con ese número non está presente, pasarase ao seguinte número cada 3 minutos ata atopar ao gañador dentro do recinto.

5.4 Notificación do Gañador: O gañador deberá entregar o boleto co número seleccionado á organización para reclamar o premio.

5.5. Condicións Adicionais:

– Os 1.000€ deberán ser gastados en 15 minutos desde o toque de saída da organización, de forma ininterrompida.

– A persoa gañadora poderá comprar produtos ou servizos por un valor máximo acumulado de 150€ en cada establecemento. Calquera cantidade adicional deberá ser abonada posteriormente.

– Non se deberá realizar ningún pago durante o período de compras.

– A persoa gañadora do racing de compras terá preferencia na atención por parte do persoal dos establecementos.

6. FISCALIZACIÓN DOS PREMIADOS

6.1. Os e as participantes deben gardar os tickets de participación orixinais e presentalos no caso de resultar premiados.

6.2 Se algún dos premiados resulta descalificado, repetirase o sorteo.

7. XURADO E A ORGANIZACIÓN

7.1. Constituirase un xurado composto por representantes da organización e a xerencia do Arteixo CCA.

7.2. O xurado e/ou a organización terá as potestades, ademais de:

7.2.1. Descalificación dos participantes que non cumpran os requisitos esixidos, desvirtúen a natureza da campaña ou non cumpran algunha das normas establecidas.

7.3. Os participantes aceptan e acatan expresamente os criterios e instrucións que marquen o xurado e/ou a organización en xeral e respecto de calquera conflito xurdido durante o sorteo, sen que os participantes teñan nada que reclamar ao respecto.

8. DESCALIFICACIÓN

8.1. A organización e/ou o xurado resérvanse o dereito de eliminar a calquera participante do sorteo que non cumpra os requisitos, que atente contra o uso e bos costumes, alugue algunha dúbida sobre a veracidade da promoción, ou se valera de sistemas e/ou programas informáticos para participar e mellorar o resulto no mesmo, alterando o normal desenvolvemento do concurso, ou actúe de forma fraudulenta (por exemplo, cun rexistro inusual de tickets de compras dun determinado establecemento asociado ou a falsificación ou manipulación dos mesmos).

8.2. Así mesmo, quedarán descalificados aqueles participantes que non cumpran as normas establecidas para a participación, e os que se atopen nos demais supostos previstos neste documento para ser invalidados.

9. ACEPTACIÓN DAS BASES

9.1. A participación na promoción supón a aceptación íntegra das bases, a expresa renuncia dos participantes a realizar impugnación algunha sobre as mesmas e ao exercicio de calquera outra acción administrativa ou xudicial que puidese corresponderlles.

9.2. Os participantes e gañadores eximen ao Arteixo CCA, así como ás empresas promotoras e colaboradoras da presente promoción das responsabilidades derivadas de problemas por forza maior ou caso fortuíto, non tendo nada que reclamar contra ningún dos entes antes reseñados.

9.3. Os premiados ceden os seus dereitos de imaxe durante a entrega dos premios e a realización da experiencia en avioneta.

9.4. Para a resolución de calquera dúbida sobre a mecánica, os premios ou o funcionamento da ruleta obxecto da promoción, os usuarios poden contactar co Arteixo CCA a través do correo electrónico cca@ccaarteixo.com ou no teléfono 608549011.

9.5. O Arteixo CCA resérvase o dereito a modificar, ampliar, suspender, restrinxir ou retirar a presente promoción en calquera momento, por razóns xustificadas.

10. DISPOSICIÓN DAS BASES

10.1. Tanto as bases como os detalles descritivos dos premios poderán consultarse no Arteixo CCA (rúa Mestre Mateo nª10, Baixo) ou na páxina ccaarteixo.com

En Arteixo, a 10 de febreiro de 2024.

Bases da participación nos sorteos presenciais do Arteixo CCA “Agasalla pequeno comercio co Arteixo CCA”

Estas bases corresponden aos sorteos presenciais da campaña. Para ver as bases do sorteo de rexistro de tickets online, visita: https://nadalenarteixo.com/bases-legales

1. ORGANIZA

1.1. Arteixo Centro Comercial Aberto, con CIF G15700818 (en adiante, Arteixo CCA ou a organización).

2. OBXECTO DO SORTEO

2.1. A partires dunha compra en calquera establecemento do Arteixo CCA durante período comprendido entre o 13 de decembro e o 24 de decembro, os clientes poderán participar nos sorteos do sábado 23 e domingo 24 de decembro do Arteixo CCA e optar aos premios da mesma. Non todas as participacións teñen agasallo. Os clientes poderán achegarse co ticket de compra de calquera establecemento do Arteixo CCA e utilizalo na súa integridade para compras maiores de 10€ ou acumulando tickets até 10€.

3. PREMIOS

3.1. Coa participación nos xogos, poderanse obter os diferentes premios: agasallos serigrafiados do Arteixo CCA, como son: portamóbiles, paraugas, bolis, marcadores, marcapáxinas, parasoles, parasoles de praia, delantais, neveiras e outro premios. Estes premios non son canxeables por cartos. Tampouco se permite cambiar un premio por outro, independentemente do valor do premio.

3.2. Non se permite repetir unha tirada, salvo que o resultado sexa “tira de novo”.

4. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.

4.1. Poderán participar no sorteo todas as persoas maiores de 18 anos ou menores acompañadas dun adulto.

5. MODO DE PARTICIPACIÓN

5.1. A promoción desenvolverase o sábado 23 de decembro en horario de 11:00-14:00 e 17:00-20:00, e o domingo 24 de decembro en horario de 11:00-14:00.

Os participantes deberán presentar o seu ticket de compra ao persoal presente no stand e a cambio poderá facer a cantidade de tiradas relativa ao número de tickets dos que dispoña, independentemente da súa contía.

5.2. Antes da tirada deberán entregar o ticket, que pasará a selarse para quedar inhabilitado para seguintes tiradas.

5.3. Os premios non son ilimitados, e se limitan a un número concreto de existencias. Unha vez entregados unha categoría de premios, indicarase previa tirada que premio o substituiría.

5.4. O Arteixo CCA resérvase o dereito a cancelar a promoción en caso de que se faga entrega de todos os regalos previstos para a acción.

6. LÍMITE DE PARTICIPACIÓN.

6.1. Cada participante poderá participar só unha vez por ticket de compra. Non poderán participar no concurso os e as traballadoras dos establecementos participantes na campaña con tickets de compra do establecemento no que estén empregados.

7. XURADO E A ORGANIZACIÓN

7.1. Constituirase un xurado composto por representantes da organización e a xerencia do Arteixo CCA.

7.2. O xurado e/ou a organización terá as potestades, ademais de:

7.2.1. Descualificación dos participantes que non cumpran os requisitos esixidos ou non cumpran algunha das normas establecidas.

7.3. Os participantes aceptan e acatan expresamente os criterios e instrucións que marquen o xurado e/ou a organización en xeral e respecto de calquera conflito xurdido durante o sorteo, sen que os participantes teñan nada que reclamar ao respecto.

8. DESCUALIFICACIÓN

8.1. A organización e/ou o xurado resérvanse o dereito de eliminar a calquera participante do sorteo que non cumpra os requisitos, que atente contra o uso e bos costumes, non acaten as instrucións recibidas, alugue algunha dúbida sobre a veracidade da promoción, ou se valera de sistemas e/ou programas informáticos para participar e mellorar o resulto no mesmo, alterando o normal desenvolvemento do concurso, ou actúe de forma fraudulenta.

8.2. Así mesmo, quedarán descualificados aqueles participantes que non cumpran as normas establecidas para a participación, e os que se atopen nos demais supostos previstos neste documento para ser invalidados.

9. ACEPTACIÓN DAS BASES

9.1. A participación na promoción supón a aceptación íntegra das bases, a expresa renuncia dos participantes a realizar impugnación algunha sobre as mesmas e ao exercicio de calquera outra acción administrativa ou xudicial que puidese corresponderlles.

9.2. Os participantes e gañadores eximen ao Arteixo CCA, así como ás empresas promotoras e colaboradoras da presente promoción das responsabilidades derivadas de problemas por forza maior ou caso fortuíto, non tendo nada que reclamar contra ningún dos entes antes reseñados.

9.3. Para a resolución de calquera dúbida sobre a mecánica, os premios ou o funcionamento da ruleta obxecto da promoción, os usuarios poden contactar co Arteixo CCA a través do correo electrónico cca@ccaarteixo.com ou no teléfono 608549011.

9.4. O Arteixo CCA resérvase o dereito a modificar, ampliar, suspender, restrinxir ou retirar a presente promoción en calquera momento, por razóns xustificadas.

10. DISPOSICIÓN DAS BASES

10.1. Tanto as bases como os detalles descritivos dos premios poderán consultarse no Arteixo CCA (rúa Mestre Mateo nª10, Baixo) ou na páxina ccaarteixo.com

En Arteixo, a 22 de novembro de 2023.