Por qué asociarme?

Arteixo CCA ofrece a tódalas empresas asociadas unha serie de servizos e vantaxes que facilitan o seu desenvolvemento individual ademais de potenciar os seus beneficios.

Algunhas destas vantaxes son:

  • A defensa de intereses profesionais, establecendo relacións fluídas e constantes coas diferentes organizacións públicas e privadas con propostas constantes dirixidas a defensa e mellora dos intereses do noso grupo.
  • Campañas de publicidade conxunta, todos xuntos como grupo alcanzamos unha repercusión mediatica imposible a nivel individual.
  • Actividades de formación, a través das propostas das Administración Públicas e das achegadas dende o propio CCA organízanse xornadas e cursos para o aproveitamento dos asociados.
  • Establecemento de convenios de colaboración con diferentes empresas e organizacións, estes convenios establécense dende dous frontes; uns están deseñados para acadar melloras competitivas cara os nosos asociados (Convenios con entidades financieiras e demais empresas ) e outros están destinados a maximizar as vendas e a visibilización do CCA e as súas empresas dentro da sociedade arteixana (Convenios cos ANPAS Ponte dos Brozos e CEIP Arteixo).
  • Ofrecese dende o CCA unha imaxe de marca conxunta para todos os seus establecementos, reforzando así o valor de formar o pequeno comercio de Arteixo ante o conxunto dos veciños.
  • Información e asesoramento na tramitación de axudas e subvencións.
  • Respaldo conxunto ante a Administración.
  • A integración dentro dunha estratexia común dirixida a incrementar a atracción da demanda.
  • Participación das campañas de dinamización comercial e fidelización de clientes de Arteixo CCA.

Algunhas das campañas do CCA:

  • Campaña: Vives en Arteixo? Noraboa!
  • Campaña de rebaixas.
  • Feiras de Oportunidades.
  • Concursos de Tapas por Arteixo.
  • Concurso fotográfico: Arteixo CCA: O pequeno comercio nas túas mans.
  • Merca e Aforra, co pequeno comercio xogas na casa.
  • Arteixo coida de ti, campaña de hábitos saudables.
  • Feira “Arteixo 1900.
  • Campaña de Nadal.
  • Colaboración con outras entidades e asociacións locais.

    Nome*

    Email*

    Asunto*

    Comentarios*

    Informámoslle que os datos persoais que proporcione a través deste formulario serán tratados por Arteixo Centro Comercial Aberto, responsable desta web. O obxectivo é poder enviarlle información sobre os servizos solicitados. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, limitación e eliminación de datos en cca@ccaarteixo.com. Podes consultar a información adicional en Política de privacidade

    Desexo recibir comunicacións electrónicas
    Política de Privacidade acepto*