Por qué asociarme?
Arteixo CCA ofrece a tódalas empresas asociadas unha serie de servizos e vantaxes que facilitan o seu desenvolvemento individual ademais de potenciar os seus beneficios.
Algunhas destas vantaxes son:
- A defensa de intereses profesionais, establecendo relacións fluídas e constantes coas diferentes organizacións públicas e privadas con propostas constantes dirixidas a defensa e mellora dos intereses do noso grupo.
- Campañas de publicidade conxunta, todos xuntos como grupo alcanzamos unha repercusión mediatica imposible a nivel individual.
- Actividades de formación, a través das propostas das Administración Públicas e das achegadas dende o propio CCA organízanse xornadas e cursos para o aproveitamento dos asociados.
- Establecemento de convenios de colaboración con diferentes empresas e organizacións, estes convenios establécense dende dous frontes; uns están deseñados para acadar melloras competitivas cara os nosos asociados (Convenios con entidades financieiras e demais empresas ) e outros están destinados a maximizar as vendas e a visibilización do CCA e as súas empresas dentro da sociedade arteixana (Convenios cos ANPAS Ponte dos Brozos e CEIP Arteixo).
- Ofrecese dende o CCA unha imaxe de marca conxunta para todos os seus establecementos, reforzando así o valor de formar o pequeno comercio de Arteixo ante o conxunto dos veciños.
- Información e asesoramento na tramitación de axudas e subvencións.
- Respaldo conxunto ante a Administración.
- A integración dentro dunha estratexia común dirixida a incrementar a atracción da demanda.
- Participación das campañas de dinamización comercial e fidelización de clientes de Arteixo CCA.
Algunhas das campañas do CCA:
- Campaña: Vives en Arteixo? Noraboa!
- Campaña de rebaixas.
- Feiras de Oportunidades.
- Concursos de Tapas por Arteixo.
- Concurso fotográfico: Arteixo CCA: O pequeno comercio nas túas mans.
- Merca e Aforra, co pequeno comercio xogas na casa.
- Arteixo coida de ti, campaña de hábitos saudables.
- Feira “Arteixo 1900.
- Campaña de Nadal.
- Colaboración con outras entidades e asociacións locais.