Non deixes de facer revisions dos teus oídos para comprobar que non estás a perder capacidades. Sabes que unha de cada tres persoas que pasan dos 65 anos teñen profundas perdas de audición? Xa non é só un problema de quedarse xordo, é de non manter as capacidades auditivas intactas, non podendo conversar cos teus seres queridos se non é a berros.

En Arteixo contamos cos mellores centros auditivos de Galicia para facer as necesarias probas de audiometría e tonometría que precisas para coidarte. Que non cres que sexan os mellores? Pois segue lendo.

Mellores centros auditivos en Arteixo – Ópticas Romay

Ópticas Romay atópase en Avda. do Balneario, 48, son un centro colaborador do Sergas no que poderás facer un estudo completo da túa audición e, en caso de necesitalo, facerte cun audífono.Contan con persoal especializado para aconsellarte cal é o máis adecuado para o teu caso, ben o necesites retroauricular ou intrauricular. Teñen retinógrafo e un gabinete audioprotésico. E están co equipo de Gómez Ulla. A súa preocupación máxima é a túa saúde.

Lembra que se sofres de acúfenos, compre que os visites para revisar se se trata dun problema grave.

mejores centros auditivos de arteixo

Mellores centros auditivos en Arteixo – Balneario Visión

Este centro auditivo e óptico ten a súa sede en Avda. do Balneario, nº 24, baixo. Nel poderás facerte unha audiometría para comprobar se es capaz de discriminar e distinguir un son doutro. En caso de non poder, os especialistas de Balneario Visón poderán ofrecerche unha prótese auditiva.

Este centro auditivo conta coa calidade de análise de GAES e son centro acreditado polo ministerio de sanidade.

 

Mellores centros auditivos en Arteixo – General Óptica

En contra do que moitos poidan pensar, en General Óptica non só se encargan de coidar a túa vista, tamén os teus ollos. Este centro, con presenza en toda España, fai probas de tonometría e audiometría. As primeiras teñen como misión valorar a presión intraocular, fundamental para vixiar que non teñas principo de glaucoma, porque o mellor é que nestes centros poderás tamén revisar a túa vista.

Porque en Arteixo non só somos bos, tamén versátiles. Escóitanos ben: coida o teu oído e a tu vista 😉