IX Concurso de Tapas por Arteixo

Home/Uncategorized/IX Concurso de Tapas por Arteixo

IX Concurso de Tapas por Arteixo

XA ESTÁ AQUÍ a edición de verán do

Concurso de Tapas

de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!

Do Xoves 4 ao Domingo 7 de Agosto, 19 establecementos hosteleiros ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante a 1,80 € , acompañada da tua bebida favorita.

Nesta IX edición, teremos ADEMÁIS DO XURADO POPULAR, tamén un XURADO PROFESIONAL, e daremos, pois, 2 premios as mellores tapas. O xurado popular coñécese polas ruas e os bares, pero ao profesional ímosvolo presentar aquí e darlles as grazas dende agora mesmo pola súa axuda. Serán:

  • MILY LÓPEZ POMBO, profesora de cociña no Concello de Arteixo dende hai 17 anos, e formadora profesional en varios centros de Galicia, Arxentin, Uruguay e Alemania.
  • MIGUEL GARCÍA SILVARREDONDA, Profesor de Hostalaría no CIFP (Centro Integral de Formación Profesional) do Paseo das Pontes e impulsor de varias cociñas en Galicia ao longo da sua traxectoria profesional.
  • CARMELO SANJORGE, profesor do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e cunha longa traxectoria como chef en distintas cociñas de España. Grazas pola vosa axuda.

Eles probarán as 19 tapas durante esta fin de semá e sabemos que o terán difícil, pero … decidirán tamén cal é a mellor tapa para eles. Eso sí, O ‪#‎SORTEO‬ DE 300 €, é só para o XURADO POPULAR formado polos clientes que emiten o seu voto cada 4 tapas!!

Hai oferta de todo o que calquera consumidor poida precisar mercar, e ademáis o gañador ten de prazo ata o 30 de setembro para consumilos. O mesmo que o Bar ou bares gañadores do Concurso. Cada unha das 2 tapas premiadas terá como premio 150 € en vales de compra, ademáis dun diploma acreditativo.

Nesta edición mantemos a colaboración por parte da marca COCA COLA. As fotos de novo deben reflexar unha tapa concursante e unha botella de Coca Cola aberta. O que se vai valorar son as fotos máis fermosas, orixinais e divertidas imitando os anuncios de coca cola “SIENTE EL SABOR DE COCA COLA, nos que se anima a reencontrar o especial sabor de Coca Cola cando se bebe pola botella e ben fría. O premio para os gañadores, vai ser unha invitación a comer ou cear nun dos locais hostaleiros de Arteixo.

Non esquezas descargarte a app móbil chamada QUEDAMOS DE TAPAS. Nesta aplicación móvil de descarga gratuita, pódense ver concursos e xornadas gastronómicas por toda Galicia. Dentro do noso concurso, poderán ver todos los locais participantes, nome, descripción e foto de cada tapa concursante e noticias sobre o evento. Poden obter un mapa ou ruta de cómo chegar a un local determinado, valorar as tapas, invitar a amigos a unirse á festa enviando tentadoras fotos das suculentas tapas, etc. Podes descargala co código QR que atoparán nos carteis e roteiros, papeletas de votación, en www.ccaarteixo.com e no facebook, ou simplemente entrando na tenda de apps do seu móvil e escribindo: quedamosdetapas. É gratuita e ten un funcionamento excelente.

app

 

OUTRA NOVIDADE NESTA EDICIÓN é a apertura en horario especial ampliado por parte de varios comercios no centro do pobo. Estes comercios abrirán para os clientes no seguinte horario ampliado, a maiores do seu horario habitual:

VENRES ata as 22 horas

SÁBADO de 19 a 22 horas

DOMINGO de 12 a 14 horas

Avda do Balneario: TRISCOS, MEBÁ, CASUAL KIDS, REBULIR

Rúa Canónigo Cándido Varela: PERFUMERÍA MARUXA, CORRECAMIÑOS

 

Na edición de verán, os días 4, 5, 6 e 7 de agosto, participarán no concurso os seguintes establecementos con estas suxerentes tapas:

ESTABLECEMENTO TAPA DESCRIPCIÓN DA TAPA
40 Y TANTOS Sabor Agredoce Lombo de Porco con Salsa de Laranxa, con cama de pataca panadeira e bañado con cebola caramelizada
ARUME ARPADO Mar e Terra Vieira e gamba en bechamel con champiñons sobre puré de pataca de mantequilla e nata
A TOSTA Tosta Mariñeira Tosta con productos de Mar e Terra
A VINOTECA DO CARAMUXO Solombo Mariñeiro Solomillo con salsa de laranxa, xamón ibérico  champiñóns
ASADOR PIMPOLLO PizzPim Base de Pan artesán con bacon afumado, queixo Edam e mozarella en fíos e tomate frito natural
BAJOTRECE Piadina di Mare Fina Masa de Figo rechea de Pescada, gambas, Tomate e Follas Verdes, aderezada con Salsa Cítrica.
BAR CODE Ensalada de Pulpo Ensalada de Pulpo con Garbanzos e Salsa Vinagreta
BATA DE GUATA Mar de Fora Taco Asiático de Langostino e Panceta Ibércia, con Salsa Tártara, Salsa Americana, Cilantro e Menta.
CAFÉ BAR RANCHO Carne Disfrazada Tricolor Carne Disfrazada Tricolor con Salsa especial e Veduras.
CAFÉ DE FÁBULA A Jamaicana Mini-Hamburguesa de Polo en Pan de Leña, Queixo de Arzúa, Rodaxa de Tomate, Canónigos e ao estilo xamaicano.
CAFETERÍA CASTELAO Cousa Nosa Saquiño de Vieira e Gambas con Salsiña, con Salpicón de Pulpo con Tulipáns Tricolor.
CERVECERÍA PLAY Mini-Lasagna Mini-Lasagna de Pataca con Crocante de Queixo.
CERVECERÍA FÉNIX Ensalada de Froitos de Mar Grande variedade de Froitos do Mar, acompañados cunha rica Salsa
EK CHUAH Prado de Polos Polo, Leituga, Ovos e Torreznos de Xamón sobre Pan.
HAMBURGUESERÍA IVI Revolto Crocante Polo con Champiñóns con Salsa feita con Marsala
LA VENTANA Fuga Cebola caramelizada e croca de tenreira sobre unha base de pan e cobertura de mozzarella fresca
MESÓN CARAMUXO Costela de Porco Calimocho Costela de Porco Asada con aliño de Salsa Agredoce e Patacas Chips.
O PETISCO Pizzabrosa Pizza caseira con masa de Pan artesán, Salsa Bolognesa, Berenxena, Mozarela e Tomates Cherry.
VIÑOTECA O REFUXIO Arrivederci Tosta de Xamón con Salmorejo e Ovo

 

PLANO_Agosto_2016-pg

 

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA – Arteixo CCA:

“Siente o Sabor de Coca Cola de Tapas por Arteixo”.

Volve a sentir o sabor de Coca Cola bebendo directamente da botella. Coa vosa tapa servida!!  faite unha foto bebendo Coca Cola. Súbea  ao facebook de Arteixo CCA, e… entra no concurso!! Poderás gañar unha comida ou cea gratis en Arteixo.

Pincha aquí para ver as bases

Escoita a promoción

 

Fotos de toda as tapas (por orden alfabético – para velas máis grandes pinchar nelas)

Premios Coca-Cola “TASTE THE FEELING”

 

O CCA, 40 y Tantos e Bata de Guata reparten outros 300 € entre os clientes de Arteixo!!

O 31 de Agosto pechamos unha das últimas actividades relacionadas co Concurso de Tapas de agosto sorteando 300 € entre os clientes dos 2 locais gañadores: 40 y Tantos por xurado Popular e Bata de Guata por xurado profesional, nestes últimos 15 días. NORABOA aos 3 gañadores de 40 y Tantos: LUCÍA GESTO, Mª JESÚS DUARTE e SUÁREZ!! NORABOA aos 3 gañadores de Bata de Guata: BRAIS VECINO, LAURA NÚÑEZ e JUAN LOIS!!

VISITA Á FABRICA DE COCA-COLA

Los ganadores del Concurso de Fotografía de Coca-Cola TASTE THE FEELING, que la organización de la 9ª edición del Concurso de Tapas por Arteixo ha realizado en Agosto, han vivido una experiencia inolvidable en la fábrica de Coca-Cola Iberian Partners en A Coruña, donde tuvieron la ocasión de conocer los procesos de envasado de todos los productos de Coca-Cola.
 
A esta experiencia se han sumado Patricia Amado, concejala de Promoción Económica y Turismo, Ángel Vázquez, de Participación Ciudadana del Concello de Arteixo, y Luz de Mar Ferro del Centro Comercial Aberto de Arteixo, impulsores de este Concurso de Tapas, que Coca-Cola apoya dentro de su compromiso con el Sector Hostelero.
 
 
 
Por |2017-04-03T17:59:16+02:0028-07-2016|Uncategorized|0 Comments