Chegou a Arteixo Centro Comercial Aberto un novo socio, unha perrucaría canina cunha proposta fresca e moi necesaria para os nosos peludos. Cal é? Pois unha na que se mestura o relax máis absoluto co corte de pelo que moitos cans precisan. Falamos de Hocicalados.
Cómpre non cortarlle o pelo ao teu cadelo na casa. Eles non son como nós. Moitas razas de cans nin sequera precisan que se lles rape no verán ou que se lles recorte. Sabías que o pelo tamén lles axuda a protexerse dos raios do sol? Así é. Por iso, para cortarlle o pelo ao teu can tes que poñerte nas mans de profesionais que saiban canto cortar e canto non.
Ademais, ao cortarlle o pelo AO teu can hai que facelo nunha orde precisa, cunha técnica determinada e non facéndoo as bravas. Ao cortarllo, e crecerlle máis, prodúcese unha mestura de pelo vello e novo, sendo un máis forte e o outro más débil. Se non o peiteamos ben e non cortamos a altura adecuada, podemos acabar perxudicando ao noso amigo. Por todo isto, visita Hocicalados para agarimar a melena do teu cadelo como se merece, e tamén para aprender como coidalo.
A perrucaría canina en Arteixo ‘Hocicalados’ procura o máximo relax do teu cadelo – 981 924 366
Mais esta perruquería canina en Arteixo é moito Máis ca un lugar para cambiar de peiteado. Os cadelos teñen un gran inimigo: o estrés e a ansiedade. Un can con medo, que non se atopa a gusto pode sufrir as consecuencias no seu sistema inmunitario. Recorda que un cadelo feliz é un cadelo san. En Hocicalados preocúpanse moito desta cuestión, creando un entorno seguro, agradable e apracible, para que o teu mellor amigo teña un lugar no que relaxarse e perciba o corte do seu cabelo como algo bo.
Pola súa saúde, para evitar riscos de parásitos e para que sexa máis feliz, visita Hocicalados. Ademáis, agora é nadal, tamén poderás atopar nesta perruquería canina en Arteixo un montón de regalos para el, que tamén se merece uns aloumiños.