Apura e visita as nosas xogueterías en Arteixo para atopar os xoguetes que máis se van a pedir en reis e en nadal. Para que saibas o que vai ser o máis querido polos teus fillos, hoxe imos darche unhas pistas para que o teñas claro.

Pokémon Ultrasol e Ultraluna

En novembro sae un novo videoxogo de Pokémon en dúas edicións. É o mesmo xogo pero un trae distintos Pokémons que o outro. Un anxiño contounos que a que máis se vai a vender e Pokémon Ultraluna, así que a por el.

Mercar Bonecos da serie Ladybug na nosa xoguetería en Arteixo

Ladybug é a nova heroína que gusta a nenos e a nenas por igual. Para a quen non a coñeza é algo así como unha Spiderman moderna sen tanta violencia. Se tedes unha filla pequena seguro que quererá algo dela, as súas bonecas ou o disfraz.

xogueterías en Arteixo

Vehículos, disfraces e figuras de Star Wars

Quen nos diría que tantos anos despois os nosos fillos estarían tan namorados da Guerra das Galaxias como nós cando éramos cativos. Coa estrea da nova película volverá a paixón pola marca, así que seguro que veredes na carta de nadal un Tie Fighter, un sable de luz ou un peluche de Porg.

Mercar Lego Ninjago en Arteixo

Estas figuras Lego están moi de moda. Seguro que o voso fillo xa viu a serie completa en Netflix e agora vos pedirá a súa fortaleza e a todos os ninjas para facer a colección. Pedídeos con tempo se non queredes quedar sen eles.

Todos os membros da Patrulla Canina

A patrulla canina foi a estrela do pasado Nadal e tamén o será desta. Lembrade que en 2016 esgotouse en todalas tendas de A Coruña, así que ide preguntándolle ao voso fillo se quere estes xoguetes para aforrarvos sustos.

Lembrade que este é un momento estupendo para adiantarse e mercar os xoguetes de nadal nas nosas xogueterías en Arteixo e tendas de agasallos; Don Dino e Librería Mina na Travesía de Arteixo, Coccolate en Médico Amenedo Casabella e Librería Marina en Avda. de Fisterra.
Se combinades as compras de xoguetes coas dun libro para os teus cativos, roupa e outras cousas que precise, poderedes participar na nosa promoción de novembro ‘Merca e Aforra’, aquí contámosvos en que consiste.

Pero o Nadal non é só para agasallar aos nenos. Os maiores tamén escribimos a carta… Así que, se vos parece, no próximo artigo, falamos de bos agasallos en Arteixo para os maiores.