Tocouche atopar un sitio onde ir cear cos teus compañeiros e compañeiras en nadal? En Arteixo temos unha oferta gastronómica moi rica e variada coa que pasaredes unha velada inesquencible. Hoxe ímosche recomendar tres restaurantes de dez. Comezamos por Asteria Comida Real.

Este é un local de recente apertura e cunha decoración moi fermosa baseada no estilo safari. É un restaurante perfecto para unha cea informal, de picoteo e con pratos de calidade. Iso si, se sodes moitos, lembrade que cómpre reservar a data chamando ó número 881 08 84 60. O local atópase en Rúa Capela, 6.

Para unha cea cun toque máis formal, elixide A Vinoteca do Caramuxo e o seu restaurante. O mellor que teñen é a súa carta de viños e de mariscos. Chama ó 981 641 657 para comprobar o ben que tratan o producto do mar. Definen a súa cociña como ‘popular, natural e sa’.

Se non sodes de marisco na túa empresa e preferides un bo revolto, isa é a especialidade da Viñoteca O Refuxio. Poderás redondear o menú coas súas croquetas caseiras (son de dez, avisamos) e cunha boa ración de croca. O trato e o espazo de comedor é informal pero moi cortés e agradable. Soe encherse no nadal, así que chama ó 981 601 330 e reserva a data.

Mellores restaurantes para ceas de empresas en nadal en Arteixo

Estos son os mellores restaurantes para ceas de empresas en nadal en Arteixo

Outra alternativa que tedes é optar pola proposta de Mamá Chicó en Arteixo: El Naranjo. Esta cadea de pizzerías artesanais ten unha proposta moi fina e saborosa. Contan cunha estupenda colección de pizzas de autor que son perfectas para compartir entre amigos; ademáis, a quen non lle gusta este famoso prato?

En vindeiros artigos seguiremos coas recomendacions, porque se de algo temos bo en Arteixo é de ofera de restaurantes nos que pasalo ben rodeados dos nosos seres queridos ou dos nosos compañeiros e compañeiras de traballo; dúas cousas que non sempre coinciden 😉