Uso dos móbiles en cativos, hai alternativas?

/, Alimentación Arteixo/Uso dos móbiles en cativos, hai alternativas?

Uso dos móbiles en cativos, hai alternativas?

O teléfono móbil converteuse no xoguete preferido dos nenos e nenas, pero, queremos que pasen todo o verán con el? Non, verdade? É por iso que hoxe queremos darvos alternativas para que os vosos fillos e fillas deixen o smartphone ou os videoxogos a un lado e descubran outro tipo de ocio moi beneficioso para eles.

Ensina ós teus fillos a amar a lectura.

Lembra que a mellor forma de que lean é que vexan que ti tamén o fas, así que vai ata algunha das fermosas e estupendas librarías que temos en Arteixo, escolle unha boa novela e desfruta co contido das súas páxinas. Tras unha tempada deixándote ver co libro nas mans, anima ó teu fillo ou filla a elixir un e a lelo. Hai moitísimas opcións para eles. Un consello é que comeces cunha obra inspirada nos seus heroes de videoxogos ou de debuxos favoritos. Nas librarías Librería Mina, Librería Marina, na xoguetaría Don Dino e na tenda de puericultura Coccolate atoparás o mellor para to teu fillo.

Uso dos móbiles en cativos hai alternativas

A natureza está ahí para ser gozada.

Coñeces o turismo de aventuras? En Sherpani organizan rutas de sendeirismo, sesións de escalada e outras tantas actividades cheas de emocions e co celme suficiente para ‘enganchar’ tanto ou máis que unha experiencia vivida no móbil. Visitade a súa tenda de material de deportes de aventura e iniciade ó voso cativo nesta saudable forma de vida… Sempre que teña a idade mínima requerida para poder practicalos, claro.

O xoguete tradicional nunca perde o seu encanto.

Na xoguetería Dino poderás atopar bonecos e todo co que un cativo debería xogar. Os xoguetes de toda a vida potencian a imaxinación. Lembra que isto é como cos libros, tes que xogar con eles, estar ó seu carón e animalo a inventar historias cos bonecos.

Como vedes, todas estas alternativas teñen algo en común: compartir momentos de calidade cos vosos fillos. Agora é o momento de construír unha boa relación entre os dous, e iso faise xogando, rindo e saíndo á rúa.

Por |2018-09-07T13:53:45+00:0007-09-2018|Agasallos en Arteixo, Alimentación Arteixo|0 Comments
X