Queres empezar a ler banda deseñada e non sabes por onde comezar? Entón tes que visitar a tenda de tebeos Nueva Valquirias. Atópase en Av. Dos Bosques, 14 e é o mellor lugar que podes atopar para iniciarte nesta apaixoante afición. O primeiro que tes que decidir é se prefires ler cómic americano, manga ou europeo. Parece unha decisión sinxela, pero non o é tanto.

Hai de todo nesas tres vertentes pero, polo xeral, o americano é máis de superheroes ou de historias escuras. O manga son aventuras que mestura pelexas, humor e algo de maxia. O europeo, en cambio, soe contar historias intimistas.

Que comics americanos me recomendas?

Podes empezar por «Fábulas», unha colección de historias moi ben escritas e ilustradas que narran as vivencias de personaxes de contos clásicos que viven no noso mundo. Se buscas unha narrativa máis adulta, escolle «Hellblazer», pero pide os clásicos da colección Vertigo, non os novos que están a publicar agora. Se queres comezar con superheroes, os mellores son os de Batman. Pide en Nuevas Valquirias os escritos por Frank Miller.

comics valkirias

Que mangas me recomendas para empezar a ler?

Se es un apaixoado dos samurais, elixe «La Espada del Inmortal». Se prefires unha aventura desenfadada, proba con «One Piece». Esta é una lonxeva aventura de piratas moi entretida e chea de xiros de guión inesperados. «Death Note» tamén é unha boa opción se queres probar cunha curiosa mestura entre shonen e seinen, é dicir, entre bandas deseñadas pensadas para adolescentes e adultos.

Que cómic europeo é o mellor para comezar?

Comeza con «Píldoras Azules», unha entrañable historia dunha parella que ten unha peculiaridade: ela é seropositiva. «Ma Révérence» é tamén unha historia a recomendar. Gañou o premio de Angouleme de mellor serie negra e trata un intento de asalto e roubo por dous personaxes moi pintorescos.

Pero estas son só algunhas recomendacións. Visitande Nuevas Valquirias e descubride un mundo novo e marabilloso, o da banda deseñada.