Se tes unha tatuaxe recén feita tes que coidala, botarlle crema e que non mire ó sol durante un tempo prolongado. Non é certo que non poidades ir á praia recén tatuados, só tedes que ter coidado. O primero paso para ter unha tatuaxe en bo estado é elixir ós profesionais adecuados, uns que cumpran todas as directrices sanitarias pertinentes. Se vives en Arteixo, confía en The Ink Blot Studio, o mellor estudo de tatuaxes e piercings que atoparás no norte de Galicia.

Se imprimes ese debuxo tan especial na túa pel con eles xa tes moito gañado: ter claro que empregan bo instrumental e seguro. Sabendo isto, recorda que non podes ir á praia xusto despois de facercho, agarda un par de días e cubreo ben de protección para que o sol non o toque. Embadúrnao sempre con crema de factor 50 e non o molles na primeira semana. Esta ten que ser ‘rexeneradora’, empregándoa e sen abusar do sol, non terás problemas.

Cómpre ter especial coidado se tes unha tatuaxe moi grande ou con cores vermellas. Pensa neste debuxo como se fose unha ferida aberta. A agulla mete tinta na pel perforándoa, polo que esta queda moi debilitada. Se non a coidas ben, non cicatrizará e estará exposta a bacterias e virus. Se non mimas a túa pel, terás febre e estarás obrigado a tomar antibióticos.

Como coidar unha tatuaxe e protexela do sol

Tan importante é que vaias con precaución que non é aconsellable que poñas as mans sobre a tatuaxe nesas dúas semanas que dicimos. Se tes que facelo, lávaas moi ben antes. Inda que non o creas, nas mans hay moitos xérmenes moi nocivos para ti neste intre.

Ademáis destes coidados básicos, en The Ink Blot Studio daranche apuntes concretos en función da túa pel, cor da tatuaxe e tamaño deste para que pases un bo verán. Diranche que ungüentos empregar e cando poderás volver a tomar ó sol como de costume. Con estos consellos esperamos que quede claro que a mellor época para tatuarse non é no verán.