Non sabes que agasallar no nadal? Tes un amigo ou un familiar co que é moi difícil acertar? Pois o que imos a facer agora é darvos uns cantos consellos para que acertedes cos presentes máis orixinais. Comencemos con ese amigo que sempre di que quere facerse unha tatuaxe pero nunca se anima.

Visita The Ink The Blot Studio e pregunta canto cobran por hora ou tatuaxe, así poderás ofrecer ó teu colega un vale para facerse a tatuaxe que prefira. Se isto non é orixinal, xa nos contarás. Outro dos nosos socios que é ideal para facer un agasallo sorprendente é Hocicalados, que non é outra cousa ca mellor perruquería canina de Arteixo.

Se ten un cadelo e quere o mellor para el, regala un día completo en Hocicalados, así poderán peitealo, lavalo e mimalo. Porque os “perretes” tamén teñen dereito a desfrutar destas festas. Tamén podes preguntar que champús e produtos de beleza podes mercar para redondear a túa sorpresa.

Agasallos de nadal orixinais para as festas de 2018-2019

Os mellores agasallos de nadal orixinais para estas festas

Como ves, os agasallos que recomendamos neste artigo non son cousas materiais, senón experiencias. É por iso que invitámosvos a facer o mellor de todos os agasallos: o do tempo. Visita a nosa sección de hostalaría e escolle un dos nosos restaurantes. Fai unha reserva e pon debaixo da árbore de nadal unha noite perfecta con esa persoa especial.

Queres agasallar algo a ese típico compañeiro de traballo que di que quere facer deporte pero non se anima? Entón tes que contactar con Sherpani, pois teñen os plans de aventura máis excitantes.

Para rematar, aquí vai unha recomendación moi especial. Se o voso colega ten un negocio en Arteixo, agasalla unha inscrición a Arteixo Centro Comercial Aberto. Ó facelo, será parte das nosas promocións, escribiremos sobre él no noso blog e será partícipe das nosas redes sociais.

Estas son só algunhas ideas para sorprender, pero lembra que tes moitas máis sen sair de Arteixo. Feliz nadal!