O pasado setembro a empresa deportiva BeOne, xestora da Piscina Municipal, e o Arteixo Centro Comercial Aberto, asinaban un novo convenio de colaboración para levar a cabo campañas conxuntas que dinamicen a vila.
A primeira delas comeza esta semana e durará até rematar o Nadal.
Coa inscrición a BeOne Arteixo recíbese inmediatamente un vale de 25€ para gastar no comercio do Arteixo CCA, xerando así unha economía circular.
En palabras da vicepresidenta, María Encina González, «esta campaña busca crear sinerxias entre dous motores tan importantes para a vila, como son o principal centro deportivo e o pequeño comercio».
Borja Martínez, xerente do centro, recalcou outro dos grandes puntos do convenio. «A partir de ahora no solamente los socios del Arteixo CCA, sino también sus trabajadores tendrán la matrícula gratuíta».
Ademais, os establecementos ofrecerán entradas de un día para que quen queira poida probar o centro, para ir adiantando as promesas de aninovo.