O pan ten moi mala sona. Son moitas as persoas que pensan que engorda e que o primeiro que cómpre facer para comezar unha dieta é non comelo. Isto é un grave error. Un bo pedazo de pan aporta enerxía e os nutrientes esenciais para aguantar todo o día rendindo ó cen por cen.

Claro que para desfrutar de todos os beneficios de comer pan a diario hai que elixir unha boa peza. Esquece o pan conxelado ou o barato que podes atopar en calquera lugar non especializado. O que tes que facer é visitar Panadería Gestal e mercar unha boa barra ou bola de calidade. Ó facelo desfrutarás dos seguintes beneficios:

Comer pan todos os días non engorda

Así é. O pan apenas aporta calorías ó ser comido con mesura. Un trociño de pan acompañando as comidas e co almorzo concede hidratos de carbono e azucres básicos para soportar toda a mañán na oficiña. E canto é o recomendado? Pois o equivalente a dúas rebanadas.

Beneficios de comer pan todos os días

O pan é bo para previr enfermedades

Se tes estreñimiento e non vas ó baño con regularidade, escolle pan integral. Ó conter cereais é unha forma sinxela de engadir fibra á túa dieta. Con esta modalidade poderás facer bocadillos con espárragos, ovos, espinacas e leituga que conseguirán que movas as tripas.

É a mellor forma de conseguir folgos e enerxía

Co pan de onte, fai un par de torradas para comezar ó día con queixo fresco e marmelada. Todo o que comemos no almorzo conseguimos queimalo rápido ó longo do día, co que engordarás aínda menos e conseguirás enerxía de sobra a través dos hidratos de carbono que trae.

Así que apunta este consello para o verán: come pan, pero só o de calidade que teñen en panadería Gestal. Acostúmate a comer rico e variado e terás un tipo dez.