Nos nosos últimos artigos mostrámosvos os nosos mellores restaurantes en Arteixo, viñotecas, bares e cafeterías, e sabedes por qué o fixemos? Pois claro que sí, para quentar os motores de cara o VII Concurso de Tapas por Arteixo.

Dos restaurantes en Arteixo onde comer que vos estivemos falando, moitos preséntanse a este concurso de tapas, onde poderedes facervos unha idea do estilo do restaurante escollido e de toda a creatividade que teñen nas suas cociñas.

En agosto, 21 propostas gastronómicas para ti. Vota!

Hai varios motivos para escoller do xoves 6 ao domingon 9 de agosto aos socios de Arteixo Centro Comercial Aberto como os teus restaurantes, bares e cafeterías onde comer en Arteixo. O principal é que por só 1,80€ poderedes degustar unha tapa creada para a ocasión e acompañala dunha bebida para axudar a baixala, pero hai moito máis.

Como sabedes, Arteixo Centro Comercial Aberto está composto por negocios locais de todolos tipos, temos lugares onde comer en Arteixo ricos manxares, pero tamén servizos de beleza, tendas de alimentación, lugares onde comprar todo o que vos faga falla para o voso xardín, os mellores talleres en Arteixo para reparar os vosos coches… Pois se participades co voso voto entrades nun sorteo de 300 euros para gastar en calquera dos establecementos adheridos a esta promoción.

Concurso Tapas Arteixo 2015

Os mellores restaurantes en Arteixo estarán no VII Concurso de Tapas por Arteixo

Nesta ocasión, tódolos ollos estarán postos no restaurante El Naranjo de Mamá Chicó. No último certame de tapas, celebrado en febreiro de este mismo ano, erixiuse como gañador, será capaz a cociña deste popular restaurante en Arteixo volver a sorprendernos cunha nova creación culinaria? Naquela ocasión foron 18 os restaurantes o locais de alimentación os que participaron no certame de tapas, nesta ocasión o número chega ata as 21 propostas gastronómicas que El Naranjo terá que saber superar.

restaurante en arteixo mama chico

Para os que escollichedes no pasado febreiro a ruta das tapas por Arteixo como o lugar onde comer en Arteixo sabedes que a cidade convírtese nun fervedoiro de actividade, de sorrisos e bos momentos para compartir con amigos. Este ano vinde do 6 ao 9 de agosto, probade as 21 tapas que temos, coñecede os nosos restaurantes e todo o que Arteixo ten para ofrecerche. Esperámosvos.