A pereza é o principal inimigo do deporte, pero lembra que pasar todo o día tirado na casa sen facer nada pode ter consecuencias letais para ti. O sedentarismo leva á infelicidade, á perder a saúde e a aburrirse un montón. Se vives en Arteixo, ímosche dar unhas cantas ideas para comezar o 2019 co deporte formando parte da túa vida.

Un dos mellores deportes que podes facer é a natación. Con que lle dediques media hora ó día xa quedarás canso, pero a medida que vaias máis e máis, mellorarás e picarache o gusanillo de facer outro largo. Por iso, apúntate a piscina municipal. Ademáis, se os fas recibirás 25€ para gastar en calquera dos establecementos de Arteixo CCA, e se traballas nun deles non terás que pagar matrícula. Con estes incentivos, a pereza xa non é tanta, verdade?

revisar coche viaje

Quero facer deporte pero dame pereza, como comezo?

Unha vez que prepares o corpo nadando, recomendámosche que visites outro dos nosos socios que tamén se adican as experiencias deportivas. Estamos a falar de Sherpani. O seu non é algo tan convencional como o é a natación. Eles deseñan plans de deporte de aventuras. Se cres que o deporte só é rutina, visita o seu establecemento en Avenida do Balneario, nº 31.(o enderezo que puxeches é o fiscal)

En Sherpani atoparás todo o que necesitas para desfrutar do running, da montaña e dos nosos ríos. Se prefieres un deporte máis tranquilo, ou unha actividade que facer para descansar do estrés do traballo, sempre podes pasear por Arteixo. Aínda que non o creas, camiñar media hora ó día é moi beneficioso. A clave para facelo ben é elixir o calzado adecuado.

E de outra cousa non, pero de tendas de zapatos temos a moreas en Arteixo. Hoxe recomendámosche que visites CSK. O bo que ten esta tenda de moda é que conta con páxina web para mercar online, así que poderedes ver no seu catálogo todas as súas ofertas.

Porque en Arteixo CCA estamos do lado dos e das deportistas, deixa a pereza a un lado e actívate.