Ademais de ter restaurantes perfectos en Arteixo para tomar unha tosta ou para ir coa túa parella nunha primeira cita perfecta, tamén contamos con establecementos para comer rápido, barato e moi rico. E non vos pensedes que estamos a falar de fast-food, por suposto que non. Empezamos polo mellor restaurante de Arteixo se o teu son os polos asados.

Mellor restaurante de Arteixo para comer polo asado – Asador Pimpollo

Imaxina un día de partido, un depor-celta, non tes ganas de cociñar e todos os teus amigos van á túa casa para velo ó teu carón. Ocórreseche algo mellor que pór un riquísimo polo recén feito na mesa?

No Asador Pimpollo podes facer os teus encargos, recollelos e levalos  á túa a casa. Ademais de saborosas peitugas, tamén podes mercar neste restaurante os refrescos, outras tapas, cervexas e patacas. Vamos, que hai para todos.

Visítao en Rúa das Flores, 8 ou pide o teu polo no 881 922 404

Mellor restaurante en Arteixo para degustar unha hamburguesa – Hamburguesería Ivi

En Arteixo, se queres unha pizza, pides mesa en El Naranjo. Se queres polo asado, vas a Asador Pimpollo, pero se o que che pide o corpo é unha hamburguesa tes que camiñar ata a Avda. Ría do Ferrol, 23 Baixo e pedirlle a Fernando a súa hamburguesa especial.

Teñen moitas cousas ademais de hamburguesas, pero recomendámosche que te estrees neste local con elas. (eu poría un punto en lugar dunha coma) Xa nos contarás.

Mellor restaurante de Arteixo para comer de tapas… e tomar un chocolate despois – Ek Chuah

Rematamos esta lista con Ek Chuah. Deixa atrás a dieta e date un capricho. Visita Ek Chuah, pide a carta de tapas e, de postre, un delicioso chocolate. En Ek Chuah fano boísimo, tanto que moitas veces acabamos visitando o seu local en Avda. Finisterre, nº 171 e comendo churros e chocolate en lugar da comida que toca. Pero non nos fagades caso, é que somos moi larpeiros. Xa haberá tempo de visitar Sabor Place para volver a comer san de novo.