Estimados amigos e amigas,

De novo este ano terá lugar a VIII feira de Oportunidades de Arteixo, os días 2, 3 e 4 de marzo, acompañada da IX Edición da Feira Auto-Arteixo de Vehículos de Ocasión.

Estes dous eventos atraen a moitos consumidores de Arteixo e das comarcas dos arredores, facendo desta data unha ocasión perfecta para culminar o período de rebaixas para os comerciantes.

Este ano, como novidade, decidimos incrementar e dar variedade á nosa feira, convidando a participar a comerciantes de fóra de Arteixo, coa premisa de que sexan tamén pequeno comercio tradicional. E ademais, se son negocios que colaboran pola vía asociativa, terán as mesmas condicións que os establecementos socios do CCA de Arteixo.

É por iso, que vos deixamos as bases de participación e ficha de inscripción da nosa feira nesta páxina web. E poñémonos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que vos poda surxir.

Non deixedes de preguntar.

Afetuosamente

A xerencia do Arteixo CCA

DOCUMENTACIÓN

Preme na  imaxen para descarga o PDF coa información completa

Auto Arteixo – Feira de vehículo de ocasión