Aviso ós navegantes: parece que  o verán está a piques de marchar, e todos sabemos o que iso significa: aproveitar  para visitar as terrazas dos nosos bares e locais favoritos da cidade, encher o bandullo de cervexa e de algo que é moi noso: comer os ricos pratos que preparan os mellores restaurantes de Arteixo. Antes de que marche o sol.

En anteriores artigos xa falamos de moitas opcións de hostalaría para desfrutar dun verán de dez, hoxe queremos engadir un local máis: a Taberna de San Martiño, un dos bares con máis sona de Arteixo. Poderedes atopar unha ampla oferta gastronómica e de viños neste local, pero nós destacamos o seu exquisito polbo.

Este é un dos pratos máis ricos da nosa gastronomía pero non é sinxelo atopar un sitio onde o fagan ben. O problema soe ser que a carne saia chiclosa e non esté preta, que o polbo no esté feito no momento e que teña ese celme non demasiado agradable por estar recociñado. Por fortuna, de non cometer ningún destes erros saben moito nesta taberna en Arteixo, e non só cravan a textura e como sabe, é que tamén son expertos noutro tema delicado no que se refire ó polbo a feira: os cachelos.

Se queres comer un bo polbo á feira, ven a Taberna San Martiño

Aquí poderíamos abrir un gran debate: prefires o polbo con patacas ou sen elas? Nós somos amantes delas, encántannos que o aceitiño as empape e deixalas para o final, rematadas con ese chisco perfecto de pimentón picante. Se xa tes a boca feita agua, apunta este enderezo: rúa Ría de Noia, nº 4 baixo A, e vén con fame.

Conste que na Taberna de San Martiño non só atoparás esto, tamén uns viños excelentes para degustar o polbo. Sabemos que o Albariño marida moi ben con el, pero nos recomendámoscheque o probes cun godello fresquiño. É arriscado pero tamén perfecto para acentuar a potencia do picante.