Certo é que a decoración dos bares e restaurantes da actualidade tende ó que se chama estilo ‘hipster’. Se estás farto de moderneces e queres voltar ás raíces, visita o bar Rancho El Molino.

Isto non quere decir que este local de hostalaría esté desfasado ou non teña identidade propia, ollo, porque é precisamente todo o contrario.

A decoración de Rancho El Molino evoca xustamente iso: á que ten un rancho clásico. A primeira vez que entras nel sorprende o tellado de palla que cubre a barra, pero cando estás baixo el é sinxelo sorprenderse co ben que se está ahí. O trato do personal serve para acentuar esta sensación, son amables, agarimosos e sempre ten unha tapa quentiña para acompañar ese viño de media mañán ou o que tomamos ó sair de traballo.

O bar máis acolledor de Arteixo chámase Rancho El Molino

Entrar no Rancho El Molino é como viaxar atrás no tempo, onde as racións eran grandes e os bares era un lugar no que atoparse con vellos amigos e a xente do lugar. Entre a decoración bucólica e unha carta de comidas, merendas e ceas tradicional, o Rancho El Molino sabe converterse no mellor lugar para tomar unha tras un duro día.

Iso non quere dicir que o local non innove, porque si que o fan pero como se facía antes: mellorando as receitas de sempre para que os guisos saiban sempre un pouquiño mellor. A nos gústanos moito voltar a este icónico bar de Arteixo de vez en cando. É agradable acudir a un lugar que sabe manter a súa esencia neste mundo tan continuamente cambiante.

Se necesitas un lugar así, unha volta a casa, apunta este enderezo: Médico Amenedo Casabella, nº 6, bajo e dille a Silvia que vas da nosa parte, e non perdas esas tapas tan ricas que fan.