Un pode tolear con todos os seguros que se pode facer, por iso hoxe queremos dicirvos cales son os seguros imprescindibles que sí tedes que ter, e que se conseguides xestionalos ben, e temos unha aseguradora en Arteixo que saberá aconsellarvos para que así sexa, acadaredes unha boa protección a un bo precio.
Tendo en conta que tes unha casa en propiedade e un coche, son tres os seguros imprescindibles que as de ter: un de vida, un para a casa e outro para o coche, e xa está. Por suposto, a clave está en sentarte co teu xestor de seguros e afinar o prezo e o alcance de todas as coberturas relacionadas con cada un deles.
Contratar seguro de vida en Arteixo
Un seguro de vida dache tranquilidade no hipotético caso de que ocorrería cos teus seres queridos en caso do teu falecemento, ou que acontecería contigo no caso de padecer unha enfermidade grave. Tamén terás asistencia no caso de que precisases ou decidises recurrir a unha residencia cando sexas maior, así como para solucionar calquera dúbida de saúde.
Contratar seguro de fogar en Arteixo
Se es propietario dunha casa, necesitas un seguro para a túa vivenda. O seguro cambia se estamos a falar dunha segunda vivenda, se é unha casa en alquiler, un piso ou un chalet. Un seguro para o teu fogar non só te protexe no caso de sufrir un incendio, senon tamén no caso de padecer unha humidade, e ollo con isto, porque as reparacións de humidades de condensación son caras se as tedes que pagar do peto.
Contratar seguro de coche en Arteixo
Un seguro de coches é algo fundamental, non só para cumplir coa legalidade vixente, senon tamén para estar cuberto en caso de calqueira accidente.
Estos tres son os seguros fundamentáis que tedes que ter para vivir tranquilos. Aínda que poidas pensar que é caro telos todos, non é tal. En Arteixo contamos co RACC, a nosa aseguradora de confianza e que vos recomendamos.
Aparte destes seguros, se tes un negocio, podes precisar un seguro para o teu local, ou un seguro de responsabilidade de danos a terceiros ou responsabilidade civil, de estos e moitos máis podes informarte na tua aseguradora de confianza RACC Arteixo na Avda. de Fisterra.
Por certo, sabedes que seguro empeza a ser unha necesidade moi extendida? O de mascotas, que che axudará cando o teu can ou gato teña algunha enfermidade, e por suposto se a tua mascota provoca algún accidente ou destrozo na porta da casa, na rúa, ou no xardín do veciño