A Feira de Oportunidades de Arteixo terá lugar baixo carpa, no centro da Explanada das Festas, na Avda. Fisterra. Estará aberta para os asistentes de 10 a 21 horas durante todo o fin de semana. A Feira de oportunidades acollerá tamén a III Edición da Feira Auto-Arteixo, Vehículos de ocasión.

Esta Feira está organizada polo Centro Comercial Aberto de Arteixo (Arteixo CCA) e respaldada polo Concello de Arteixo e pola Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia. En ela poden participar calquera comercio do Concello de Arteixo, e acoden como visitantes consumidores de toda a comarca.

A Feira de Oportunidades e do Coche de Ocasión de Arteixo é un exemplo da dinamización de Arteixo, que conta con todo o apoio do Concello. Durante esta feira espérase superar o record de asistentes de pasadas feiras, un dato que soe rondar os 10.000 asistentes,

“Este fin de semana ven a Feira das Oportunidades de Arteixo e do Vehículo de Ocasión.”

Na Feira de Oportunidades poderedes atopar establecementos de todos os sectores: moda, calzado, complementos, roupa íntima, menaxe de fogar, informática, larpeiradas, cupcakes e incluso postos dedicados a venta de artigos vintage.

 

feira arteixo

A feira de oportunidades é unha ocasión única de aproveitar os ventaxosos precios das tendas, por levar a Feira restos da tempada.

Todo aquel que faga unha compra na Feira de Oportunidades de Arteixo recibirá un boleto para a rifa que terá lugar na propia Feira o domingo, con premios en metálico para compras nos establecementos expositores ou impresionantes lotes de obsequios para sair da Feira cargados de bolsas ao “Pretty Woman”, como lle aconteceu a un dos gañadores da pasada edición de setembro. Tampouco faltará a entrega do premio o mellor stand da feiracunha importante dotación económica para o establecemento gañador.

 

Na Feira de Oportunidades tamén haberá lugar para o ocio dos nenos, con moitas actividades programadas para eles, e darán importancia a sensibilizar o consumidor da importancia do comercio pequeño de Arteixo a través de diversos obradoiros.

“Na Feira do Vehículo de Ocasión encontraredes ese coche de segunda man que andábades a buscar.”

O lado da Feira das Oportunidades, preto do Pazo dos Deportes (na explanada das festas) terá lugar unha nova entrega, a terceira, da Feira do Automóbil de vehículos de ocasión. Tras un ano que superou as mellores expectativas de asistencia, este ano volta con seus maís de cen vehículos de ocasión traídos dos talleres e concesionarios de Arteixo.

Na Feria do Automóbil e o Vehículo de Ocasión haberá sitio para todas as marcas e modelos. Poderase encontrar ese coche usado nas mellores condicións que buscas.

Esperamos poder veros a todos este fin de semana o día sete e oito e tamén moi preto de alí para a III Feira de Auto de Ocasión Auto-Arteixo, que terá lugar na explanada das festas de Arteixo. Esperámosvos a todos para apoiar o comercio de Arteixo e disfrutar dun fin de semana divertido de ofertas, oportunidades e bos precios en familia.

DESCÁRGACHE AQUÍ A RELACIÓN DE PARTICIPANTES