Achégase o verán! É hora de cambiar de vestimenta, e que mellor forma de facelo que nas nosas tendas de moda en Arteixo? Hoxe ímosche  recomendar cinco propostas, cada unha cun estilo propio.

Mellores tendas de roupa para home e muller – Brooklyn

Dende 1978, Brooklyn é para ti se apostas por uns tecidos de calidade, un look casual e con descomprar regalos en arteixoeños propios. Esta tenda destaca polos seus deseños únicos e atemporais. Visita Brookly en en rúa Canónigo Cándido Varela, 9

Mellores tendas de roupa en Arteixo de liña deportiva – In Off

In Off ten unhas zapatillas xeniais e modelos de roupa deportiva para complementar o teu look. Mira no seu catálogo de Adidas orixinais e Fred Perry. Tanto se queres ter un look urbán como se queres ir ben guapo ou guapa a facer running, visita In Off en rúa Canónigo Cándido Varela, 6.

Mellores tendas de roupa para tallas entre 40-54 – Mebá

As pezas de roupa de Mebá son ideais para todalas épocas do ano, pero son especiais para esta tempada primaveira-verán. Teñen marcas estupendas como Escola, Mascarino, Naulover e adáptandse a tódolos contornos. Bos prezos e calidade na tea. Visita Mebá en Avda. do Balneario, 41

 

Mellor tenda multimarca para home de Arteixo – Mira Home

Multimarca e para tallas normais e anchas. En Mira Home poderás atopar algunhas das marcas máis míticas do mercado como Punto Branco, Tommy Hilfiger ou Roberto Bassi. Se non tes claro como cambiar o teu look, visita a tenda en rúa Manuel Fernández Llamazares, 11 e pídelle consello a Teresa.

Mellor tenda xove de moda en Arteixo – Triscos

Triscos ten roupa específica para xóvenes. Contan con liñas frescas e atrevidas, perfectas para que as adaptes ó teu propio estilo e xeniais para o verán. Un consello? Botádelle un bo ollo ós seus vestidos curtos.

Completade estas propostas de vestimenta coa de calzado que temos neste outro post. Porque en Arteixo vivimos a moda con intensidade