No centro de Arteixo, moi preto do balneario, atópase Asteria Comida Real. Este local é moito máis que un café bar, pois tamén é o lugar perfecto para tomar unha copa despois do traballo ou unha cervexa en verán. De recente apertura, Asteria trae unha brisa de modernidade a Arteixo que recorda a Miami, si, en serio.

A súa decoración proporciona un ambiente perfecto para a xente moza e sorprendente para os maiores. Sendo un espacio aberto á luz, o Asteria Comida Real adopta un estilo tipo safari, mesturando a luz natural coa vexetación e moita madeira. Ainda que os espazos do local sexan abertos para que o fulgor do día corra entre as mesas, sabe como construir perfectos rincóns para as parellas, íntimos e cheos de personalidade.

Porque Asteria- Comida Real non é só un lugar para tomar algo, tamén para facer unha perfecta cea romántica. Se queres sorprender a túa parella levándoa a un local de hostalaría moderno cunha carta de vanguardia, nin o dubides. Os seus menús son perfectos para degustar con alguén e de noite. Se non tes ganas de comer demasiado, pídelle ó camareiro que prepare as racións para compartir e acertarás.

mejores restaurantes en arteixo

Este verán, as copas e os cafés tómanse en Asteria – Comida Real

Por ser un restaurante de recente creación, recomendamos reservar mesa, en especial se queres ir en fin de semana. De todas formas, se non atopas sitio, non tes por que preocuparte pois contan cunha divertida barra na que beber algo mentres agardas a vosa quenda.

Con Asteria Comida Real, Arteixo gaña un socio e un representante do tipo de locais que máis nos gustan: os que traen á nosa cidade unha proposta fresca, orixinal e nun ambente cheo de luz e vexetación. Se xa estás farto do convencional, desfruta coa proposta de Asteria Comida Real.