Seguimos cos nos nosos artigos sobre os nosos socios e volvemos sobre aqueles que ofrecen servizos en Arteixo. Nesta ocasión imos traervos tres que se adican ao mundo da imaxe, tanto no campo de creación, como da impresión en Arteixo e da fotografía de sempre e con novas técnicas.

Arteixo é un lugar de lecer, onde comer e desfrutar dos mellores establecementos de hostalaría, pero tamén é unha poboación ao onde vir e atopar aos profesionais que che axudan a dar forma e a comunicar as túas ideas e proxectos. Comezamos.

cooworking arteixo

Coworking Arteixo – 15142

Ubicado en Rua Médico Faustino Pazos, 12. (Arteixo 15142) atópase un centro creativo onde compartir sinerxias e dar forma ás empresas nun entorno colaborativo e único. No Coworking Arteixo creáronse xa empresas deste éxito e seguen a nacer e medrar outras novas. Podedes visitar a web do Coworking para coñecer os servizos que prestan na actualidade en Arteixo, e que van desde cursos a espazos de creación e reunión. Tamén podedes chamar ao número 981 976 692 para informarvos.

fotografia bodas arteixo

Servixos en Arteixo de fotografía: Revela.es

Revela.es é moito máis que un simple servizo de fotografía, posto que máis que sacar fotos o que fan é acompañarvos e facer perdurar os vosos días máis especiais. Revela.es atópase en Rua da Capela, nº 10, Baixo. Aquí tedes a súa páxina web e tamén o seu teléfono 881 966 473. Empregandoo, Óscar e Amparo escoitarán o que precisades e aportaranvos servizos persoalizados. Se queredes que o voso día sexa inesquecible de verdade cun enfoque novidoso, a mellor fotografía de producto para o voso negocio, orlas, ou re-editar calquera soporte de fotografía e vídeo antigo, xa sabedes…. calquera servizo relacionado con fotografía que poidades imaxinar, ten unha resposta en revela.es.

 

servizos gráficos arteixo

Servizos gráficos en Arteixo: Globalgrafic

Globalgrafic é a túa empresa de servizos gráficos en Arteixo. En Globalgrafic ofrecen servizos de Deseño gráfico, Rotulación, Impresión dixital e offset, Gravado e corte láser, Serigrafía e moito máis, aportando solucións personalizadas para a materialización dos vosos proxectos.

Estos son tres dos moitos servizos referidos á imaxe que temos en Arteixo, profesionais centrados na creación e na tecnoloxía en Arteixo, capaces de crear, retratar, conservar e comunicar todo o que ocorre nas vosas vidas e nos vosos negocios.

Esta é so unha parte do ecosistema de Arteixo Centro Comercial Aberto, un lugar para todos e onde todos os negocios teñen cabida, pois o que queremos é poder ofrecer o que queren os veciños e profesionais de Arteixo e da sua área de influencia, xa que a través da oferta no casco urbñan de Arteixo e do polígono de Sabón, sumado ás extraordinarias vías de comunicación coas que contamos, sabemos que cada día Arteixo é un lugar de solucións para máis e máis particulares, empresas e profesionais doutras  poboacións.