Cal é o mantemento básico? Hoxe falaremos de como preparar un coche e que revisar antes de tomar a rúa para chegar ó teu lugar de vacacións. O primeiro que tes que facer é levar o teu vehículo a Talleres Arte Móvil. Son especialistas en Citroën e saberán como coidalo para que non leves ningún susto ó conducir.
Iso é clave, pero que é o que temos que mirar un par de días antes de subir ó coche? O primeiro é comprobar que temos todos os papeis en regra por se pasa algo. Apunta no teu móbil o teléfono de Talleres Arte Móvil no caso de que precises unha grúa.
Tras facer isto, bota unha ollada en xeral ó teu coche. É importante que o teñas ben limpo, en especial no que respecta ós espellos e ás lúas. Unha mota de pó ou unha cagarruta (deixámolo como licencia poética, porque en galego non existe) de pomba poden entorpecer a túa visibilidade e provocar un accidente. Enche de auga os limpas e comproba que tes as escobillas en bo estado, para poder limpar o cristal frontal en caso de po.
Que revisar nun coche antes de facer unha longa viaxe? Segue os nosos consellos
Non só tes que procurar que o auga dos limpacristais esté a tope, revisa tamén o refrixerante se, por uposto, o nivel de aceite. Tras isto, toca comprobar como tes as rodas. Non poder ter golpes, ten que estar ben de aire e non poden estar desgastadas.
Para rematar, asegura a calidade do aire acondicionado, funciona ben? Se non queres pasar un golpe de calor, procura que non teña ningún problema. Con todo isto comprobado, xa podes ir coa túa familia de viaxe. Se tes algunha dubida, visita a Talleres Arte Móvil. Fan reparacións, pero tamén dan asesoramento. Que disfrutes dun merecido descanso, agardamos a túa volta aquí, en Arteixo 😉