Ano novo, vida nova, ou, polo menos, mellor coidada. Cómpre que teñas en conta a importancia de facerte revisións da vista de xeito regular, e se levaS anos sen (eu poría: facelas) mirala, agora é o momento de cambiar. Hai dúas cousas que deberías revisarte todos os anos: a posibilidade de ter glaucoma e o estado xeral da túa vista, xa que só tes unha.
Por que é importante facerse revisións da vista e do glaucoma ?
O glaucoma é a segunda causa de cegueira no noso país, e é algo que pode ser tratado e controlado se contao cun diagnóstico precoz. O glaucoma adoita (soe é menos usado) aparecer a partir dos corenta anos de idade, pero a partir dos trinta anos é o momento de empezar coas revisións anuais.
A causa da aparición do glaucoma é o aumento da tensión no ollo, polo que a revisión consiste en facer unha proba chamada tonometría, que a examina, E tamén unha campimetría, que comproba que o campo visual estea ben.
Se vives en Arteixo, poderás facer estas dúas probas en General Óptica, un dos máis recentes socios en apuntarse Á gran familia de Arteixo Centro Comercial Aberto. Poderás visitar a súa óptica en dúa Ángel del Castillo López 1, baixo. Xa que vas, pide tamén o seguinte exame ocular:
Revisión da calidade da vista en Arteixo
A miopía aumenta as posibilidades de padecer glaucoma, por iso hai que tela vixiada. ademais, se levas lentes, cómpre ter sempre unha correcta graduación nelas. Lembra que é a túa responsabilidade conducir coas túas lentes adaptadas ás túas capacidades. E aínda que non conduzas, se non as tes preparadas para as túas capacidades oculares, terás que facer máis esforzo para ver, poderás ter accidentes ao cruzar a rúa e é moi incómodo.
Recomendámosche que visites General Óptica para facer estas probas, porque ademais de preocuparse pola túa saúde, tamén coidan o factor estético. Os seus especialistas contan cun servizo de asesoramento de beleza para axudarche a elixir as mellores gafas para ti. Non esquezas que levar lentes está moi de moda :D.