En Arteixo non só afirmamos que temos os mellores bares e restaurantes de Galicia pola súa carta ou polo seu persoal, tamén polo moito que coidan as súas instalacións, a limpeza e o seu manaxe, e como o conseguen? Grazas a Pratos Rotos, Proindex e Cotelo.

Limpeza industrial e de locais comerciais en Arteixo – Proindex

O forte de Proindex e a limpeza de grandes naves industriais e edificios institucionais, pero tamén bótanlle unha man ós nosos hostaleiros cando toca desinfectar os seus sanitarios. Proindex é unha das meirandes empresas que temos en Arteixo e estamos moi orgullosos dela.

mejor hamburguesería en arteixo

Menaxe para hostalaría en Arteixo – Pratos Rotos

En Pratos Rotos non só teñen unha ampla colección de maquinaria, mobiliario e menaxe, O mellor é que se es novo nisto de montar un bar, eles bótanche unha man, e como? Pois escoitando as túas necesidades, asesorándoche sen compromiso e dándoche un orzamento personalizado e escalable para que ti decidas.

Non sempre é sinxelo calcular o volumen de extracción da campana industrial do teu novo negocio, por iso, Pratos Rotos está para axudarche.

Suministros de bebidas, viños e licores en Arteixo – Distribuciones Cotelo

Cotelo atópase na Avda. de Caión, nº 48. Teñen unha das máis extensas e amplas cartas de viños, licores e refrescos. En Distribuciones Cotelo saben que cómpre ter o último do mercado para darlle gusto ós clientes máis esixentes, porque se non, non volven. Con Manuel Cotelo e todo o seu equipo acadarás o aliado que precisas para que ninguén no teu bar pase sede.

Pero isto non é todo. Se buscas o peixe más fresco para o teu restaurante, téñeno en Botero Gundín, e se queres estar á última en tecnoloxía, acude a OGA Market Stores. Porque en Arteixo damos solucións a medida; benvidos, hostAleiros.